Xov, 14 Abr 2016, 14:50
Asunto: II 5K FESTA DO SALMÓN
REGULAMENTO II 5K FESTA DO SALMÓN 2016
O Concello da Estrada, organiza o vindeiro domingo día 8 de Maio a partir das
16:30 horas, a II 5K Festa do Salmón, segunda carreira puntuable para o IV Circuito Corre
A Estrada Corre.
A proba celebrarase nun circuito urbano de asfalto, homologado pola RFEA de 2,5
km o cal os corredores, na proba obsoluta deberán de dar duas voltas.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuitos
pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A
organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que
colaborarán no control da carreira.
1. CATEGORÍAS:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes
categorías:
PITUFOS: Atletas nados/as no ano 2011 e posteriores.
PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2009 e 2010.
BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2005 e 2006.
INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2003 e 2004.
CADETE: Atletas nados/as nos anos 2001 e 2002.
XUVENIL: Atletas nados/as nos anos 1999 e 2000.
JUNIOR: Atletas nados/as nos anos 1997 e 1998.
PROMESA: Atletas nados/as nos anos 1994, 1995 e 1996.
SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1982 e 1993.
VETERÁN/A A: Atletas nados/as entre 1971 e 1981.
VETERÁN/A B: Atletas nados/as no ano 1970 e anteriores.
2. HORARIOS E PERCORRIDOS:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX.
16:30 h PITUFOS 100 m
16:40 h PREBENXAMÍN 500 m (1 volta circuito A)
16:50 h BENXAMÍN 1.000 m (2 voltas circuito A)
17:10 h ALEVÍN E INFANTIL 1.500 m (3 voltas circuito A)
17:30 h CADETE 2.500 m (1 volta circuito
XUVENIL E JUNIOR
PROMESA,SENIOR E VETERÁN
5.000 m (2 voltas circuito
18:15 h ENTREGA DE PREMIOS
3. INSCRICIÓNS:
* ADULTOS: (dende xuvenil ata veteráns) Ata o xoves día 5 de Maio de 2016 as 23:59
horas na web
www.emesports.es (única forma de inscrición). Unha vez dentro da páxina,
seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.
* ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o xoves día 5 de Maio de 2016 as 23:59
horas na web
www.emesports.es (única forma de inscrición) onde deberán indicar os
datos da inscrición requeridos.
A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo. Non se
aceptarán inscricións con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios presentes
no formulario de inscrición online.
Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono
886.153.589.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os
teléfonos 986.570.030 ou no correo deporte s @aestrada.es
O PREZO da inscrición será o seguinte:
ADULTOS (xuvenil e superiores): 4,00 €
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA
4. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba nunha caseta habilitada para á organización da
carreira, a partir das 15:30 horas na praza do Concello , que será o punto de saída e
chegada.
* CONTROL CON CHIP: A proba absoluta (17:30 horas) estará controlada a través dun
CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá
colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A
SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON
ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.
(Agás propietarios de chip participantes no IV Circuito “Corre A Estrada Corre”).
5. CLASIFICACIÓNS:
A clasificación farase nas seguintes categorías: pitufo, prebenxamín, benxamín,
alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, senior, veterán A e veteran B; tanto masculina
como feminina. Establécese a clasificación segundo a orde de entrada en meta.
O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será
descualificado.
* DESCUALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou
as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído
a criterio da organización da proba. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER
DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN DA PROBA con prazo máximo de 30 minutos despois da
publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.
6. PREMIOS E TROFEOS:
- Obsequio conmemorativo da proba ata esgotar existencias.
- Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías, excepto na categoría
pitufo, que non haberá trofeos e si medalla para todos os participantes.
- Haberá trofeos na proba absoluta para os tres primeiros/as clasificados/as estradenses
en cruzar a liña de meta segundo a clasificación xeral masculina e feminina da proba.
7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:
- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da
sua proba.
- O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- Haberá servizo de vestiarios e duchas no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro,
sito na zona deportiva.
- Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
- A organización do II 5K Festa do Salmón non se fai responsable de perdas ou danos
materiais que se poidan producir, así como outras persoas lle ocasionen os participantes
desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou obxectos.
- Haberá un servizo de urxencia dispoñible durante a duración da carreira.