Lun, 16 Mai 2016, 8:04
Asunto: Re: Media Maraton Praga
Boas,
Eu tamén me animo a contar a experiencia na pasada maratón de Praga. A organización asignaba caixóns por tempos, a entrada neles moi ben. Sitúanse nunha rúa estreita coa cabeza en plena Praza Vella, polo que a cola é moi longa, e tardas tempo en pasar polo arco de saída. Pero esto tamén facilita que xa se abra a xente na saída e poidas correr con certa comodidade. Claro que coma sempre, dado que non hai que acreditar marca para os caixóns non preferentes, a xente vai en posicións de saída que non son acordes coas súas capacidades, polo que estás a maior parte da carreira adiantando xente.
Eu persoalmente son máis de AC/DC nas carreiras e de música clásica sentadiño nunha butaca
Ata o quilómetro 4 non se pode dicir que poidas correr sen ir esquivando xente, e creo que son precisamente eses 4 quilómetros iniciais os que teñen máis adoquín. Aínda que concordo con Ricardo en que era menos do esperado (iamos un pouco asustados) creo que se nota menos por estar concentrado na primeira parte (despois encontrase sobre todo no km 12-15 e no 41-42), pero que se paga ese esforzo inicial ao final da carreira. Ademais, no noso caso, fixo un calor fóra do común. O sol sae ás 5am, a carreira era ás 9am e creo que as 11am rondabamos ben os 21ºC. A organización puxo isotónica cada 5km e auga cada 2.5km: pois ben, eu persoalmente parei en todos e aínda así non cheguei ben hidratado!
Con respecto ó isotónico, tomeino sempre e aborrecino ao final. Mesmo me deron náuseas cando o volvín tomar ao acabar a carreira. Auga con gas non bebín, pero ben pode ser casualidade.
Vin moita xente camiñando a partir do km 30 (eu foi a maratón onde o pasei peor) e moita pena me deu ver a tanta xente tirada no chan co que parecían golpes de calor, atendida por médicos.
En canto a animacion, escasa. Algún grupo de música, moito altofalante de radio (moito lles gusta a música dos 80's a estes checos :P) e só xente nos puntos turísticos. Para min o mellor eran as cheerleaders que pasamos dúas veces (ben, a primeira vez mirei para elas, a segunda vez, km 37, xa me ia "cagandoentó").
En resumo, unha carreira bonita polo entorno, asumible polo adoquín, boa organización.