Foros ›
I Carreira Pedestre Concello de Mazaricos (30/07/2016)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Pabaca

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/11/14
2 Carreiras
55 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Abr 2016, 7:19
Asunto: I Carreira Pedestre Concello de Mazaricos (30/07/2016)

championchipnorte.com/...mazaricos/
G.Silva

Maratoniano
Maratoniano
21/09/11
0 Carreiras
152 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 29 Abr 2016, 18:35
Asunto: Re: I CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MAZARICOS (30/07/2016)

Cambio de data nesta carreira.
Comunicado do Circuíto de Carreiras da Costa da Morte:

"ATENCIÓN!!!
O Concello de Mazaricos, organizador da I Carreira Pedestre Concello de Mazaricos, acaba de comunicar o aprazamento de dita proba debido a que a Xunta lle denegou os permisos para a celebración da mesma na data prevista. Así mesmo tamén comunican que a nova data da carreira será o sábado 30 de xullo. Todos aqueles inscritos (de carreira) que desexen darse de baixa poderán facelo e recuperarán os cartos da inscrición.
Dende a organización do Circuíto de Correndo pola Costa da Morte queremos pedir desculpas por este contratempo.
Deixámosvos o comunicado que publicou o concello de Mazaricos".

Comunicado do Concello de Mazaricos
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
490 Carreiras
3760 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 31 Xul 2016, 11:10
Asunto: Re: I CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MAZARICOS (08/05/2016)

Non sabía se había tema aberto desta carreira, e si que o había.
Pois despois de algo máis dun mes sen acudir a carreiras, parón veraniego e pereza para adestrar (6 saidas en total) e competir acerqueime a testar a miña forma actual.
Onte un bo nº de menbros do C.A. Outes, estivemos na Picota para disfrutar da sua 1ª carreira pedreste (hai uns anos xa a fixera o Correo Galego dentro das Carreiras da Costa da Morte).
O percorrido cambiaba moi pouco respecto a da aquela, ainda que por sorte suavizaron un pouco o perfil.
Como caseque todas as probas deste circuito son 2 voltas, cun perfil totalmente rompepernas con varias baixadas moi pronunciadas e cas suas correspondentes subidas, poucos tramos chans había. Ainda que o tempo foi moi bo para correr, pouca calor e algo de aire nalgún tramo.
Como ven sendo habitual neste circuito tan ben organizado, pouca participación, so 155 chegados a meta na de 10 Kms., ainda que cun moi bo nivel entre os participantes.
Eu sabendo do perfil, tomei a 1ª volta como toma de contacto e na 2ª xa me exprimin un pouco máis, ainda que non estou para moitas alegrías, quedando satisfeito cos meus 43'23" oficiais.
Haber, se me podo acercar a carreira das Areas do 21 en Carnota que tamén forma parte deste circuito, unha carreira moi fermosa e tamén durecha polo terreo no que se corre.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos