Mér, 27 Abr 2016, 12:36
Asunto: II MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO

¿Queres facer un test nunha pista de atletismo e saber canto vales nun 1000ml ou nun 3000ml homologado, en pista sintética, con xuices e video finish?
Traede os vosos nenos, eles tamén poden participar e entrementres vos corredes, eles estarán cos nosos monitores practicando as diferentes probas atléticas.
Carreirasgalegas.com
O Real Club Celta de Atletismo, Club Atletismo Femenino Celta e a Escola Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, os Socios Colaboradores do Grupo Celta Atletismo e a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizarán conxuntamente o “II MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO”.
O “II MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO” terá lugar o sábado 28 de maio a partir das 10:00 horas na Pista Municipal de Atletismo de Balaidos (Vigo).
Inscricións: O prazo de inscrición finalizará o vindeiro 26 de maio ás 22:00 horas. Non se aceptarán inscricións fora de prazo.
Horario:
10:00h 500m. INFANTIL M – H (2003 – 2004)
10:15h 500m. ALEVÍN M - H (2005 – 2006)
10:30h 500m. BENXAMÍN M - H (2007 – 2008)
10:30h ata ás 12:00h ¿XOGAS O ATLETISMO?
10:45h 100 m. PRE-BEXAMÍN M - H (2009 – 2010)
11:00h 600 m. CADETE M - H (2001 – 2002)
11:15h 1000 m. XUV. ata VET. MULLERES (2000 e anteriores)
11:45h 1000 m. XUV. ata VET. HOMES ( 2000 e anteriores)
12:00h 3000 m. XUV. ata VET. MULLERES (2000 e anteriores)
12:30h 3000 m. XUV. ata VET. HOMES (2000 e anteriores)
Premios: Entregarase trofeo o 1º clasificado e medallas o 2º e 3º clasificado de cada proba e categoría (só haberá clasificacións nas carreiras). Todos os atletas de categoría pre-benxamín recibirán unha medalla conmemorativa da proba. Ademais, entregaranse outros agasallos doados polos patrocinadores da competición. A entrega de premios realizarase ao final da competición, sendo obrigatoria a presenza do atleta para recibir o premio.