Lun, 23 Mai 2016, 16:36
Asunto: XII CARREIRA POPULAR NOCTURNA XINZO DE LIMIA (18/06/2016)
A
XII CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA, está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia en colaboración coa A. D. Limiactiva.
Esta proba celebrarase o sábado 18 de xuño de 2016, a partir das 20:15 H estando suxeita ó seguinte
REGULAMENTO XERAL
1. A saída e meta estarán situadas na Praza San Roque de Xinzo de Limia.
2. Tódolos participantes deberán colocar o dorsal no peito para a súa identificación durante a carreira e na chegada a meta.
3. Ó longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderase descalificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.
4. O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que chege o primeiro clasificado.
5. En todo momento estará disposto unha ambulancia e un médico como intervención para os primeiros auxilios.
6. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
7. A entrega de dorsais realizarase na Praza de San Roque ata media hora antes do inicio de cada proba.
8. Os atletas que obteñan algún premio, deberán acreditar a súa identidade con DNI, ou calquera outro documento que os identifique, se a organización o considera necesario.
9. Os atletas premiados, terán que estar presentes no acto de entrega de trofeos, non podendo delegar a recollida noutra persoa.
10. Dado o carácter popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
11. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
INSCRICIÓNS
A inscrición poderase facer ata o día 16 de xuño ás 23:59 H.
Formas de realiza-la inscrición:
• Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia
• www.championchipnorte.com
Cuota de inscrición:
• Carreira absoluta: 3 euros para os propietarios de chip.
4 euros para os que necesiten alquilar o chip.
• Resto de carreiras: Inscrición de balde.
Non se admitirán inscricións que entren fóra do prazo sinalado, nin as que non cumpran os requisitos obrigatorios.
PERCORRIDOS
HORA CATEGORÍAS VOLTAS DISTANCIA
20:15 H BENXAMÍN-ALEVÍN 2 VOLTAS CIRCUITO PEQUENO 1.060 METROS
20:30 H INFANTIL-CADETE 3 VOLTAS CIRCUITO PEQUENO 1.590 METROS
20:50 H PREBENXAMÍN 2 MINIVOLTAS 300 METROS
20:55 H PITUFOS 1 MINIVOLTA 150 METROS
21:10 h ENTREGA DE TROFEOS ESCOLARES
21:30 H XUVENIL-IÚNIOR-PROMESA-SÉNIOR-VETERANS 2 VOLTAS GRANDES 6.250 METROS
22:20 H ENTREGA DE TROFEOS