Sáb, 06 Ago 2016, 10:38
Asunto: XXXI Carreira Popular de Pintos [20AGOSTO]
Ola!
Escribo en representación da Carreira Popular de Pintos, en Pontevedra, que este ano se celebrará durante este sábado 20 de agosto, a partires das 4:30-5 da tarde.
Somos un grupo de xuventude da zona que organizamos unha carreira popular, que se vén transmitindo de xeración en xeración.
Facemos unha mistura entre carreira popular, dividida en diferentes categorías de idade (0-4, 5-8, 9-13, 14-20, 21-36, 36-50 e 51-...), e de festa, xa que contamos ademais, coa venta de rifas para un sorteo, logo da entrega de medallas, de diversos productos, entre os que destacan xamóns, lacóns, productos da terra, produtos vivos, cafeteira... Buscamos sobre todo facer pasar á xente un bo anaco, ou polo menos intentalo.
NON somos para nada profesionais xa que facemos isto cada ano da mellor maneira posible e intentando mellorar naqueles puntos fracos que temos.
A distancia, a partir da categoría de 14-20 e consecutivas, é de preto de 2km, na que contamos cunha subida bastante pronunciada nunha parte, logo algo máis estable, e un par de baixadas considerables. As distancias para as categorías inferiores son menores, máis adecuadas aos seus rangos de idade.
Para todos aqueles participantes que se animen a correr, entregaráselles gratis unha bebida e un agasallo, cortesía da Organización.
Se vos interesa pasar unha tarde na nosa compañía, consultade
o noso facebook pinchando aquí, onde atoparedes máis información. Tamén vos responderemos ás dúbidas que nos fagades chegar por mensaxe alí ou aquí.
Ademais, este ano continuamos cunha iniciativa coa que levamos colaborando varios anos: RedeAxuda, do Concello de Pontevedra. Animámosvos a tod@s aquel@s que poidades e vos apeteza aportar algo, pois que colaboredes! Nós neste caso facemos chamamento para produtos sobre todo para rapaz@s, pois estes produtos escasean no verán ao non haber comedor escolar. De todos xeitos, na web de
www.redeaxuda.com podedes ver o que se precisa con máis urxencia...
Saúdos e... ATA O SÁBADO 20!!