Xov, 25 Ago 2016, 14:12
Asunto: Re: Dolor doloroso
Ola foresgan. Non son un experto na materia pero podo falarche da miña experiencia. Os teus síntomas pintan a fascite plantar. Coidado que é unha lesión latosa, se non se coida. A min tamén me empezou como ti describes. Doía moito pola mañá ao erguerme da cama. Pasaba ao empezar a camiñar na xornada laboral. Cando saía a correr, doía os primeiros kms pero pasaba e podía completar o adestramento. Despois do repouso, volvía pero como molestia máis que dor. Investigando neste e noutros foros as opinións de xente con síntomas similares, autodiagnostiqueime fascite plantar. Non fun a ningún fisioterapeuta, nin tomei ningún tipo de medicación. Cureina deste xeito:
-deixei de entrenar 6 meses (algunhas persoas necesitan máis ou menos)
-fixen os estiramentos da fascia e da musculatura das pernas que atopei en youtube e noutras páxinas como se fose un kamikaze. Todos os días, varias veces ao día.
-cunha botella de auga de 50cl conxelada facía rodar o pé lesionado moitas veces ao día.
Cando xa non notaba ningunha molestia, volvín a correr. Moi pouco tempo ao principio e a un ritmo moi suave. Ao final libereime da lesión despois dun ano en total. Disto xa hai 3 anos, máis ou menos, e desde aquela non tiven ningunha recaída (cruzo os dedos), algo que é moi común neste tipo de lesión.
Espero que o teu caso non che teña tanto tempo parado como a min. Hai xente que di que superou a fascite en 3 semanas con fisioterapia, ondas, puncións… pero hai casos que lin en internet de persoas que levan 3 anos pelexando coa lesión e chegan mesmo á cirurxía.
Polo tanto, olliño coa fascite que non é unha lesión para tomar á lixeira.
Moito ánimo e sorte.