Mar, 11 Out 2016, 17:40
Asunto: [DUATLON] Duatlón Trail da Pobra - 27/11/2016
Día: 27 de novembro de 2016
Hora: 10:30 h.
Saída e chegada: Local Social Santo Isidoro de Posmarcos - A Pobra
Información: Arousa NeO
Inscricións:
www.galitiming.com
Páxina web oficial:
www.arousa.com - E-mail: contacto @ arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 2 km. Trail + 15 km. en BTT + 5,5 km. Trail
Custe inscrición: 16 € individual - 26 € equipo
Data límite inscrición: 20 de novembro (ou ata completar as plazas)
Límite de prazas: 250
Convidámosvos a participar nun novo Duatlón Trail que respeta a filosofía do anterior. Novos recorridos para os tramos de Trail, e un novo e sorprendente percorrido para o tramo BTT no que @s participantes deberán afrontar a mítica subida á Portela. A proba constará dun primeiro tramo a pé de 2 km, un segundo tramo de BTT de 15 km, e un último tramo a pé de 5,5 km.
De novo temos premios para os TRES PRIMEIROS EQUIPOS independientemente si son masculinos, femeninos ou mixtos; ainda que para competir en igualdade de condicións bonificaranse as categorías con 15 minutos ao equipo mixto, e con 40 minutos ao equipo femenino.
Nesta proba tamén contamos con cronometraxe dual RFD mediante chip a cargo de Galitiming, pantalla con resultados en directo, reloxos electrónicos con crono na liña de meta e na transción, camiseta técnica conmemorativa, e dorsal personalizado en Tyvek.
PARA @S QUE ESTADES PENSANDO EN ANOTARVOS AOS DOUS DUATLÓNS (RIBEIRA E POBRA) HAI PREZO ESPECIAL. CONSULTADE A WEB
![](http://www.arousa.com/img/DUATLON2016/DUATLONISIDRO16-GR.jpg)