Lun, 14 Nov 2016, 22:18
Asunto: II Carreira de San Martiño - Montes de Teo
Ola a tod@s. Lembrámosvos que o vindeiro domingo celebraremos en Teo a segunda edición da Carreira de San Martiño - Montes de Teo, unha proba que discurrirá maioritariamente por monte e con 8.800 metros de percorrido.
Nesta edición incluímos a novidade, ademáis da carreira individual, das probas por relevos mixtos, formados por equipos de 3 integrantes, e que farán o mesmo percorrido que os participantes na proba individual.
Ademáis, teremos carreiras para rapaces, dende benxamíns ata cadetes.
As inscricións rematan este mércores, e se realizan na páxina de Galitiming:
carreirateo.galitiming.com/
Máis información nese mesmo enlace.
Buf para todos os participantes. Trofeos para os tres primeiros de cada categoría. Medallas para os integrantes dos tres primeiros equipos. Cesta ecolóxica para os gañadores individuais e por equipos. Sorteo de agasallos.
¡Organizándoo todo para que o domingo vivamos unha auténtica festa!