Lun, 19 Dec 2016, 15:16
Asunto: Garmin Foreruner 610 -Problemas monitor cardiaco
Ola, entro por primeira vez neste foro para contar o que me está a pasar co meu Garmin Foreruner 610, por si saber se a alguén lle ocorreu ou está a ocorrer algo semellante.
A asunto refírese ao monitor do ritmo cardíaco. Dende que o adquirín, hai aprox. ano e medio ía funcionando ben. Nas tres ultimas veces que usei a cinta do peito e o monitor deume unhas lecturas moi raras: entre os 3-4 primeiros minutos de trote suave súbeme a case 160 ppm ( chegoume a indicar 169, que, como xa teño unha idade, non as alcanzo nunca nin nas series máis rápidas) mantense en cifra altas outros 2-3 minutos e caen en picado ata 125-135 tamén nuns 2 minutos (Todo isto sen deixar de trotar) A partires de aí e, ata finalizar o entrenamento,as lecturas son normais, as que tiña habitualmente.
Podedes maxinar o susto que pillei cando me apareceron na pantalla do meu ordenador os datos volcados dende o reloxo!
Nun primeiro momento pensei que era unha fallo do dispositivo, mais cando se repetiu 2 veces mais empeceime a preocupar.
Onte saín con 2 dispositivos ( chamádeme maniático, pero estaba preocupado) e puiden comprobar que, efectivamente era un problema do Foreruner: aos 3 minutos aprox. xa me indicaba máis de 150 ppm, cando no outro dispositivo( de muñeca) marcaba 130; 2 minutos despois , cando o Garmin marcaba case 160, o de pulso seguía nos 130. Aos 20´xa coincidían os dous nos 136 ppm, ao igual que ao finalizar o entrenamento (140 ppm).
A alguén lle pasou algo parecido? Solucionouno de algunha maneira.
Grazas