Mar, 24 Xan 2017, 6:42
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02
Agardemos que non chova "moito" os días antes
, se non haberá que establecer un "plan B"
O camiño xunto ao río é moi bonito, o típico carreiro dos troiteiros (en algúns tramos)
Está no
Calendario de Correr en Galicia,
pero poño aquí no fío a ligazón as rutas corta
gl.wikiloc.com/wikiloc...d=16146729 15km
e longa
gl.wikiloc.com/wikiloc...d=16146989 26km
O avituallamento do km8 é na plaia de Tapia, un lugar moi accesible en coche para recibir os ánimos antes de afrontar a zona de subida.
As subidas da 2ª parte da proba non son das longas, pero teñen un desnivel dun 10/12% que cando levas uns km xa fan pupa
Ademáis no trail longo súbese de novo a ermida San Marcos. Ahí xa é un pouco máis empinado
subir polo cortalumes.
Creo que para comezar o circuito está ben esta proba pois creo que é un percorrido variado e entretido. E sobre a súa dureza... pois o de sempre: depende de cómo o tomes, si te queres exprimir (a min chegaríame ben) ou ir un pouco máis relaxado e disfrutando do día. En calquer caso
hai zonas para todo.
Nunha zona (Ames) onde o desnivel vai dos 100 aos 400 metros que ninguén espere subidas de unha hora andando.
Apuntada a data, espero a ver si se dan as circunstancias personais para poder compartir o día con vos.
Saúdos e hei mirar se teño algunha foto para poñer de cando vou por esos camiños
-- Chámame "ghose"