Mar, 02 Out 2007, 5:56
Asunto: GRUPOS
Nas estradas e corredoiras galegas atopámonos duas clases ben diferenciadas de corredores, a saber:
1º.- Os listos: que non sempre coinciden cos máis veloces e competitivos; e que participan exclusivamente en eventos deportivos de primeiro nivel autonómico, estatal e ata internacional: maratons contrastados, ironmans, ultrafondo, orientación, e no peor dos casos en carreiras coma a Behobia-Donosti, a Cursa dos Bombers ou os 10 quilómetros de Laredo.
2º.- As mantas (entre as que me atopo): que lle temos medo a correr un maratón enteiro, que non sabemos o que é unha organización de élite, que nos impresionamos coa equipación á ultima dos amigos de Oregón, que estamos orgullosos de participar en provas cun certo nivel de improvisación, sorpresa e ata erros na organización. Somos unhas bestas inxenuas ás que nos dan gato por lebre e tragamos, ou o que é o mesmo: mexan por riba de nós e dicimos que chove. Somos obxecto de mofa fin de semana sí e fin de semana tamén.
Agora ben, é un gran alivio para nós - para as mantas, insisto - saber que hai líderes, referentes e consultores varios, que de forma gratuita e altruista nos liberan desas cadeas da mediocridade, e conseguirán pouco a pouco afastarnos do noso camiño da perdición deportiva e humana.
Xa me estou empezando a sentir culpable por correr arredor do Río Miño o próximo domingo. A partir de agora, terei moi en conta as consideracións e consellos dos listos, aos que tanto admiro, aos que tanto envexo, e aos que tanto me quero parecer.
Hoxe é un día triste porque definitivamente, e sen posibilidade de redención, son un corredor miserable que non consegue sair da mediocridade.
Gracias por tanto a todos aqueles que pretenden elevar o meu nivel atlético, e o meu criterio á hora de escoller as provas nas que participo, e en consecuencia tanto me axudan a elevar o meu nivel atlético.