Sáb, 03 Xuñ 2017, 17:45
Asunto: Re: IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MOECHE (10/06/17)
Boas!
Bueno, a algúns dos/as xa inscritos/as na carreira vos chegou un correo informando de cambio de percorrido...
Como a mensaxe é moi escueta, primeiro pedir desculpas e segundo explicar o por que:
Recurtamos 900 metros a carreira absoluta e fixémola máis concentrada no centro urbán por ter dúbidas de poder garantir a seguridade de corredores/as...entón mellor prevenir.
O circuíto varía moi pouco e segue sendo atractivo e a dúas voltas, eso sí, 900 metros máis curtos que igual se agradecen si ven un día de estos máis propios de Sevilla
![Molón Molón](images/smiles/icon_cool.gif)
.
Para consultar o novo percorrido podedes ir a
www.prueba-t.es - eventos- carreira Moeche.
E si a alguén lle supon moito problema este cambio, entendémolo; e aínda que non estamos obrigados cumprindo o regulamento, devolveremos a inscrición poñéndovos en contacto con daniel.feijoo @ moeche.gal.
Lembrar tamén que o prazo de nscrición remata o xoves ás 23.59.
Nada máis, perdoade e grazas pola comprensión, vémonos o sábado 10!!