Ven, 11 Ago 2017, 8:41
Asunto: Re: [TRI] IX Triatlon "Memorial Míchel" Ponte Nafonso - 7/1
Increíble!! Non deixades de soprendernos.
Onte en 3 horas cubríamos as prazas de equipos e en 12 horas tódalas individuais. Como vos dixemos sempre gustaríanos que ninguén quedara sen praza, pero temos que asegurarnos que podemos dar a tód@l@s participantes o trato e coidado que vos merecedes e por iso necesitamos ter un límite razonable.
Como sabemos que aínda queda tempo ata o 7 de Outubro e pode haber baixas, habilitamos unha lista de espera, na que podedes inscrivirvos tanto en categoría individual como por equipos. No caso de ter baixas a lista irá correndo e recibiredes confirmación se conseguides praza.
Queremos tamén informaros que como recolle o reglamento no punto número 9, a organización conta con 5 prazas para equipos e 10 para individuais das que dipoñemos para os nosos compromisos con colaboradores, patrocinadores e Padriños da proba (desta edición ou de anteriores). Decimosvos isto para evitar malentendidos se vedes algún inscrito que non pasou pola lista de espera. Esperamos que o entendades.
Moitas gracias por confiar en nós neste 25 aniversario da Primeira edición organizada or Míchel!
Vemonos en Pontenafonso!
Inscripción na lista de espera:
http://emesports.es/event/ix-triatlon-pontenafonso-memorial-michel-2017/
Juan Freire
A. D. O PEIRÁN
Organizadora de Tritatlon Ponte Nafonso "Memorial Michel"