Mar, 12 Set 2017, 21:13
Asunto: VIII Milla Porriñesa Festas do Cristo - O Porriño (29/09/17)
Non sabedes canto sentimos ter que avisarvos tan tarde deste evento, pero todavía hoxe á tarde, chamáronnos do Concello de O Porriño para dicirnos que imos colaborar con eles na organización da tradicional Milla Porriñesa que cadra coas Festas do Cristo de O Porriño.
Este ano faremos a VIII edición, e molaríanos moitísimo que vos achegásedes, aínda que entendemos que igual o aviso é moi encima da hora.
Esta mesma noite estaremos traballando para sacar, unha vez máis, a carreira adiante. Tentaremos ter canto antes preparada a web para que vos poidades inscribir.
De inicio, como tódolos anos, faremos unha milla no centro urbano da vila, o venres 29 de setembro de 2017. O horario de comenzo das probas será ás 18:00 h..
Celebrarase unha carreira urbana de 100, 400 e 800 metros para os cativos e 1.609 metros (1 milla) para as categorías maiores de 15 anos.
As categorías inferiores non precisan de inscrición, tan só teñen que estar na liña de saída á hora do comezo da proba.
Como xa vos comentamos antes, en breve, poremos toda a info á vosa disposición por aquí e na nosa web
www.atletismopor.com
Veña, anotade a data e non faltedes....
Vémonos por alí.
Un saúdo.
Club Atletismo Porriño