Mar, 23 Out 2007, 21:43
Asunto:
Con respecto o que dí
corroseguro, non mirei se estaba no calendario nacional, o que sí está seguro é no Calendario Gallego. Eu entendo que se pagan unhas taxas para estar no Calendario da FGA teñen que acatar as normas da Federación. Pois a FGA nunha circular sobre organización de carreiras en ruta pon clariño que as probas de máis de 10 Km deben ter avituallamento cada 5 Km.
Sobre o posicionamento, no caso de contar con un só, debería de estar entre o Pombal e Galeras, polo chan do terreo.
E agora vou criticar un pouco a Carreira, e eso que non acostumo a facelo porque é a carreira da miña aldea e lle teño moito cariño, pero...hai aspectos que son moi mellorables, e un destes é o avituallamento. Esta carreira naceu para festexar unha celebración particular dun periódico. Ante quen a organizaba, a escasez de probas e o empeño de moita xente,a carreira foi un éxito total, polo que o periódico seguiu ca organización. Eu recordo os primeiros anos que non había avituallamento nin nada; a xente saía a rúa a darche auga. E non estou moi seguro pero creo que o actual emplazamento foi usado polos veciños de Vite (na 2ª?,3ª? edición) para dar auga os corredores.(De tódolos xeitos non me fagades moito caso que o mellor soñeino). E polo que se ve segue ahí por "tradición". O que é inadmisible é que a carreira medrou, deixou de ser aquela carreira de andar por casa. Empezaron a buscarse máis patrocinadores, hai máis cartos, tráense corredores de fora (que aínda que digan o contrario eu creo que teñen fixo de saída)...pero o avituallamento segue a ser o mesmo, a bolsa de corredor

, non tes ningún servizo extra o chegar ( e non lle chamo servizo extra ás duchas senon a fisios, masaxistas...etc). Resultado, que outras probas en puntuación dos atletas están moi por enriba da Pedestre de Santiago, cando esta ten un recorrido e un presuposto para ser a carreira de referencia en Galiza.
Menudo rollo, perdón que non sei se incluso esto entra aquí, pero tiña gañas de decilo. Polo tanto Adm. se non cadra aquí, por favor pona dodnde corresponda