Mar, 10 Out 2017, 14:45
Asunto: VIII CARREIRA POPULAR DE XERMADE [21/10/2017]
Organización: O concello de Xermade organiza a VIII Carreira Popular de Xermade.
Colaboran: Deputación de Lugo, Federación Galega de Atletismo e Galiorient
A proba organizarase o próximo sábado día 21 de Outubro ás 17:00 horas, con saída da Praza do Concello (no caso de que o tempo non o permita será desde o pabellón polideportivo) e discorrerá por vias do concello de Xermade. A proba estará aberta a todolos atletas, federados ou non, sin distinción de sexo ou nacionalidade.
Inscripción: As inscripción pecharanse o xoves día 19 ás 23:59 horas.
Retirada de Dorsáis: Os dorsáis retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización, ata media hora antes da saída de cada proba.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2012 e posteriores) 17.00 h 100 m
PREBENXAMÍN (2010-2011) 17.00 h 100 m
BENXAMIN (2008-2009) 17.05 h 500 m
ALEVIN (2006-2007) 17.10 h 1000m
INFANTIL (2004-2005) 17.10 h 1000m
CADETE (2003-2002) 17.20 h 2000m
XUVENIL (2001-2000) 17.20h 2000m
SUB-23 (1999-1995) 17.45 h 6300m
ABSOLUTA (1994-1983) 17.45 h 6300m
VETERÁN A (1973-1982) 17.45 h 6300m
VETERÁN B (1963-1972) 17.45 h 6300m
VETERÁN C (1962 e anteriores) 17.45 h 6300m
Premios:
Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo.
Na categoría de Pitufos e Prebenxamín haberá medallas para todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.
Categorías de Alevín a Veterán C: trofeo para os tres primeiros de cada categoria e sexo.
A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará, aproximadamente, ás 18:30h.
Servizos para os participantes: Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Ambulancia con médico.
Inscripcións