Lun, 30 Out 2017, 8:05
Asunto: V Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple Vigo 29/10/17
Me extraña moito que non exista ningúnha referencia a esta carreira neste foro, por iso abro o fío.
Esta foi a miña primeira participación e quedei abraiado.
Unha organización impecable, con unha movilización increíble.
Que ambiente había na precarreira e na post carreira. Parecía aquelo unha carreia como a Vig-bay, con miles de persoas na alameda de Bouzas, so que desta vez non corrían todos.
Gran avituallamento e gran organización (non me puiden quedar a entrega de premios).
Na carreira tiña a sensación de que íamos 2000 persoas, pero despois vendo as clasificacións non fomos tantos, xuntando 10k 5k e andaina, unhas 1300. No 10k, se notou a afluencia da Pedestre.
Pois resumo, que me encantou...
Todos o que sexan probas para axudar a unha causa sen ánimo de lucro, e tan compricada como está terá o meu apoio.