Ven, 08 Dec 2017, 14:56
Asunto: Re: LVI Carreira do Pavo (Vigo)
Non estou na organización pero traballei atá o ano pasado, así que coñezo algo do tema (polo menos no pasado).
Parto de un par de premisas. A proba é a máis antiga de Galicia, agás os Campionatos de Galicia, e con máis de medio século de vida sempre fíxose antes do nadal, por razóns obvias, e por iso leva o nome que leva.
O organizador pode facer coa proba o que lle pete e para min iso, na miña opinión, nunca é criticábel. As veces moitas de esas decisións son obrigadas. Ti como atleta decides si ir, quedar en casa ou ir a outra. Agora ben, dicir que a xente lúcrase cobrando 5€ é non ter moita idea do custe que ten organizar unha carreira onde por riba hai premios económicos a 6 atletas.
A idea fai dous anos foi facer unha proba de 10 chá, sen subidas. A primeira intención era testala sin medición oficial e logo facela con medición oficial. Buscábamos unha proba lisa por varios motivos (en Vigo non existe ningunha rápida e ademáis nadal está moi saturado de probas e iso permitiría cos atletas non chegaran cargados as outras probas).
O conflicto xurde coa policía local. Eles non queren cortar tráfico nesas datas. Fai dous anos, cando deseñamos o circuito, a policía dixo que non a todas as propostas ( fixemos 4). Unha era ca proba chegara atá Sanjurjo Badía e dar alí a volta (argumentaron ca estación de tren do Areal tiña que ter, polo menos, unha saída libre), outra opción pasaba por correr por Rosalía de Castro (dixeron que non podía ser xa que había moitos garaxes), outra era ir por Beiramar atá o Auditorio e voltar ( dixeron que non podían cortar tráfico pq cortaría a entrada ao Centro Comercial A Laxe), outra alternativa foi só ir por Beiramar ( cortaría o tráfico, na entrada do Centro Comercial, só na saída e serían menos de 10´que é o que poden tardar os corredores e cambíamos a proba ás 10 da mañá que era a hora que lles propusemos para non interrumpir a chegada de xente ao Centro Comercial) e regresar por Jacinto Benavente para logo coller pola rúa Llorente e Pi y Margall. Esta proposta tamén foi rexeitada. Cando lle dixen que fixeran eles o percorrido, tanto tiña xa orografía, dixeron que eles deixaban só entorno de Praza Compostela.
Negociando deixaron ir atá a estación do tren e gracias a Autoridade Portuaria fíxose un percorrido alternativo de 5 km que tiña o só cortada Praza Compostela e Areal. O resto son terreos do Porto de Vigo.
Como podedes comprobar a policía , ao ser nas datas que son, non deixa ir por ningún lado polo tanto non queda outra.