Ven, 29 Dec 2017, 18:40
Asunto: Trail Series 2018 - ULTRATRAIL DO BARBANZA (Ribeira) 29/4/18
www.trailseries.run
Cuarta edición dun circuito que -de novo- levarache polos concellos de Arousa-Norte descubrindo novos lugares, novas rutas, e un gran desafio ao alcance de moi poucos.
Comeza o recorrido co TRAIL DA CIDÁ
Distancia: 14,3 km.
Desnivel: 691 m+
Horario: 11:00 h.
Tempo límite: 2:15 horas
Saida: Ribeira-Plaza do Concello
Co Trail da Cidá abrimos de novo o circuito de carreiras Arousa Norte 2018 - Revolutrion TRAIL SERIES . Unha proba que o ano pasado encandilou aos participantes, que lles entregou unha das subidas máis épicas de todos os recorridos do circuito obligandoos a botar máns ás cordas en máis dunha ocasión. Co Parque Natural do Vilar aos pes, e un regalo para a vista dende o cumio do monte que lle da nome á proba.
Con saida e chegada no mesmo centro de Ribeira, o público e o entorno botarán o resto para facer sentirse a cada corredor/a coma un triunfador/a ao entrar na meta.
- Recibirán trofeo:
Os tres primeiros homes categoría Senior
Os tres primieros homes categoría Veterán
As tres primeiras mulleres categoría Senior
As tres primeiras mulleres categoría Veterán
Os tres primeiros equipos (nos que a suma dos tempos d@s tres mellores corredor@s de cada equipo sexa inferior ao resto). Os membros dun equipo deberán estar inscritos todos co mesmo nome de equipo (sen variacións).
Trofeo especial "Mérito Deportivo"
Última edición por Edu_Iglesias o Sáb, 14 Abr 2018, 11:12; editado 4 veces