Xov, 01 Mar 2018, 9:05
Asunto: IV ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA 26/05/18 | GRAZAS A TODOS
A renovada Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión vaise celebrar o vindeiro SÁBADO 26 DE MAIO DE 2018 e, como de costume, estará organizada pola Asociación O Esquio no Piñeiro e o Concello de Brión en colaboración coa Piscina Municipal de Brión e a Federación Galega de Montañismo.
Logo do éxito das pasadas edicións, afrontamos un ano mais o reto de ofrecer aos participantes unha das mellores andainas de Galicia, e para elo imos ter en conta as críticas e consellos que nos fixestes chegar para seguir mellorando ano a ano unha proba que xa é un clásico na programación deportiva do Concello de Brión. Como sempre, estamos traballando arreo para poder ofrecer unha BOLSA DO SENDEIRISTA chea de obsequios gracias a colaboración dos nosos patrocinadores que edición tras edición nos seguen apoiando e apostando pola Andaina Terras de Altamira como un escaparate tamén para os seus negocios.
O punto neurálxido da proba volve a ser a Carballeira de Santa Minia, no nucleo de Brión, e vaise distribuir en 3 aneis (14, 22 e 14 km) que comezan e rematan todos neste mesmo punto. A saída está prevista para as 9 hrs. e os sendeiristas poderán completar a distancia que desexen: facer o primeiro anel (14 km), parar ou continuar a polo segundo (14+22km), parar ou continuar polo terceiro (14+22+14 km). Esta distribución do percorrido en aneis está pensada para que cadaquen escolla a distancia que considere pode andar sen problemas segundo a súa capacidade física.
Este 2018 a Andaina volve a estar incluída dentro da Copa Galega de Andainas de 50 km promovida pola Federación Galega de Montañismo e puntuará para a mesma con 1 punto, tendo que conseguir 6 puntos como mínimo para optar a debandita copa.
Outra das novidades deste ano é o NOVO PERCORRIDO pois a IV edición transcurrirá poro zonas totalmente descoñecidas do noso Concello. Estamos a traballar sen descanso para confeccionar tres aneis totalmente inéditos que non deixen indeferente a ninguna das persoas participantes.
INSCRICIÓN:
Poderá realizarse dende o 1 de marzo ata o 23 de maio de 2018 en:
- On-line:
andainaterrasdealtamir...ot.com.es/
- Presencialmente na Piscina Cuberta Municipal do Concello de Brión [
non é posible inscribirse presencialmente ata o día 5 de marzo, desculpade as molestias]
O número máximo de participantes é de 450.
PREZOS
Establécense tres prazos para o pagamento da andaina:
- Dende o 1 de marzo ata o 30 de abril: 12€*
- Dende o 1 ata ao 13 de maio: 16€*
- Dende o 14 ao 23 de maio (sen opción a bolsa do corredor): 12€*
* O prezo reducirase en 2€ para aqueles participantes que posúan licenza da Federación Galega de Montañismo vixente durante a tempada 2018
SERVIZOS
Bolsa do sendeirista + Avituallamentos sólidos e líquidos + Médico + Ambulancia + Seguro de accidente + duchas + Piscina cuberta + Recollida en caso de accidente ou lesión + Aparcamento + Diploma de finisher + Medalla de finisher
MAIS INFO:
www.andainaterrasdealtamira.org/