Lun, 02 Abr 2018, 5:56
Asunto: III TRAIL DAS FRAGAS DO EUME(17/06/2018)
Por aqui faremolas inscripcionS dendeo 2 de abril as 12 h.
trailfragas2018.galitiming.com/
Empezamos a contar como sera o noso trail no ano 2018
REGULAMENTO
O TRAIL FRAGAS DO EUME está organizado por EUMENATURA.
Día e hora
A carreira terá lugar o domingo 17 de Xunio de 2018 nas Fragas do Eume. A proba dará comezo ás:
• 9:00 h.Trail longo
• 10:00h Trail mini
• Carreiras de cativ@s
o As 12:15 horas de 12 a 15 anos ( 3 km)
o As 12:45 De 8 a 11 anos( 1,5 km)
o As 13 horas de 3 a 7 anos ( 700 m.)
A saida será dende o centro de Eumenatura:
Lugar Vilafail, 2
15617 Monfero, A Coruña
43.396326, -8.076667
As duchas estarán no lugar de saida en EUMENATURA
Entrega dorsais:
O dia da carreira entregaranse dorsais:
• Dende as 8:00 h ata as 8:45 para Trail longo
• Dende as 8:45 h ata as 9:45 para Trail mini .
• Dende as 10:15 para as carreiras de cativos ata as 10:45 horas
Percorrido
Transcorrerá polas Fragas do Eume. A proba se celebrará sobre un percorrido de:
• Longo: de 31km, acumulando un desnivel (positivo-negativo) de 3200 m.
• Mini : de 18 km, acumulando un desnivel (positivo-negativo) de 2000 m.
o de 12 a 15 anos ( 3 km)
o de 8 a 11 anos( 1,5 km)
o de 3 a 7 anos ( 700 m.)
As distancias e desniveis son orientativos , calculadas con GPS.
As distancias e desniveis poden sufrir variacións por cambios no percorrido solicitados pola Dirección do Parque.
Circuíto circular que se desenrola nas Fragas do Eume nos Concellos de Monfero e A Capela, (con algún posible pequeno punto de paso por concellos limítrofes) por camiños e sendeiros e algún asfalto.
A carreira utilizará camiños xa existentes para evitar o deterioro ou paso por zonas protexidas ou sensibles do Parque.
Nalgúns puntos cruzaranse estradas abertas ao tráfico. Aínda que haberá nelas persoal de organización deberase ter especial coidado e respectalas normas de circulación.
Todo o percorrido estará sinalizado mediante cintas; non se utilizará ningún tipo de marcaxes permanentes .
A organización intentará minimizar a marcaxe fora dos cruces para non afectar ao Parque , polo que nos sendeiros onde non existan cruces limitarase o uso de balizas todo o posible, sempre de todas maneiras deixando cintas que orienten aos corredores.
Toda a sinalización será retirada pola organización nas seguintes 48 h despois da carreira e no posible polos escobas da carreira.
Avituallamentos
Haberá catro avituallamentos para a carreira longa e dous para a mini.
• Avituallamento da central do Parrote (7 km trail longo e mini)
Líquidos
Froita
• Avituallamiento do Teixido, solo carreira longa (12km trail longo)
Líquidos
Froita
Membrillo
Gominolas
fuet
Froitos secos
• Avituallamento de O Coto (22 km trail longo)
Líquidos
Froita
• Avituallamento Ponte Colgante (25 km trail longo/12km trail mini)
o Líquidos
o Froita
o Membrillo
o Gominolas
o Fuet
o Froitos secos
Categorías:
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, maiores de 18 anos no trail longo e de 16 no trail curto( deberan presentar unha autorizacion dos seus pais os menores de 18 anos) ata un máximo de 300 corredores no trail longo e 450 corredores no trail curto, as categorias infantis tendran un maximo de 30 corredores por categoria, por rigoroso orden de inscrición.
MASCULINO :
• Absoluta
• Veteranos: de 40 anos en adiante
FEMININO:
• Absoluta
• Veteranas : de 40 anos en adiante
EQUIPOS:
Farase unha categoria por equipos onde puntuaran as/os corredoras/es inscritos no mesmo equipo.
No hay limitacion en el numero de corredores , o minimo para formar un equipo e de 6 corredores dos cales como minimo duas seran mulleres.
Esta Categoria e para cada distancia.
A clasificacion obtrerase da suma dos seis primeiros tempos nos que polo menos debera existir o tempo dunha muller, si esta non estivera entre os seis primeiros clasificados da seu equipo eliminarase o sexto tempo e sumarase o tempo da primeira muller dese equipo
Ademais habera un premio para o equipo que mais corredores teña inscritos entre as duas distancias.
Inscricións:
Dende o día 02/04/18 ás 20 horas ata o 12/06/18 ás 23:59 h.. a través da pasarela de inscrición de GaliTiming
Pódense formalizar a través de:
www.galitiming.com/
Prezos
• Mini:
o 20€ ( ata o 31/05/18)
o 25€ dende o 1/06/18 ao 12/06/18
• Longo:
o 25€ ( ata o 31/05/18)
o 30€ dende o 1/06/17 ao 12/06/18
o Carreiras infantiles
o De 12 a 15 anos ( 3 km): gratuita o dia 12 /06/18
o De 8 a 11 anos( 1,5 km): gratuita o dia 12 /06/18
o De 3 a 7 anos ( 700 m.): gratuita ata o dia 12 /06/18
o As inscripcion dos cativos deberan facerse por un corredor/a inscrito na carreira.
• Ticket comida acompañante: 5€ (opcional)
A nick no dorsal e a talla da camiseta soio se garantiza ata o dia 04/06/18 por problemas loxisticos.
Tódolos inscritos na proba recibirán:
• un obsequio conmemorativo ou calquera outro agasallo que consiga a organización a través dos seus colaboradores,
• Un vale para comida e que se dará ao finalizar as carreiras.( a entrega dos vales farase cando finalice a carreira previa entrega do chip)
• Dous vales de auga,refresco ou cervexa.( a entrega dos vales farase cando finalice a carreira previa entrega do chip)
• As carreiras infantis non recibiran tikets de comida , nin de bebida.
Calqueira devolucion do dorsal somete se realizará ata o dia 31/05/18 e terá un gasto de xestión de 10€ , a excepción dos cambios de dorsal que serán gratuítos.
Este proceso( cambio de dorsal) realizarase SEMPRE por parte da organización e NUNCA entre particulares directamente e farase como maximo ata o 10/06/18.
Os dorsais son persoais e intransferibles. Correr có dorsal doutro corredor implica a descalificación e non estar cuberto por ningún tipo de seguro.
Poderase cambiar da carreira longa á mini ata o dia 10/06/17sen costo algún, sempre que existan prazas dispoñibles. Debe comunicarse por correo electrónico a traildoeume @ gmail.com
Premios
Haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría establecida , non sendo acumulativos.
A entrega de premios levarase a cabo ás 15:15 h. despois do peche de meta.
Os premiados teñen a obriga de recoller persoalmente os trofeos, do contrario serán descalificados.
Sinalización e Controis
O percorrido estará sinalizado por cinta de plástico e por persoal da organización.
Será obrigatorio o paso polos controis establecidos, podendo existir referencias kilométricas ao longo do percorrido.
Haberá controis de paso en:
• Avituallamento da central do Parrote (7 km trail longo e mini) debendo chegar cun tempo máximo de paso de 1:30 h para los corredores da carriera longa. Si non se cumple este tiempo o corredor pasara ao percorrido corto
• Avituallamiento do Teixido, solo carreira longa (12km trail longo)
• Avituallamento de O Coto, solo carreira longa (22 km trail longo)
• Avituallamento Ponte Colgante (25 km trail longo/12km trail mini)
A meta pecharase ás 15:00 h.
Os corredores portarán o dorsal nun sitio claramente visible.
Os participantes corren baixo súa propia responsabilidade, realizando toda ou parte da proba.
A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que poda recibir ou producir aos participantes, aínda se disporá dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes para os participantes.
En caso de retirada avisarase ao persoal da organización. No suposto de lesión ou impedimento para regresar polos propios medios á meta pedirase axuda á organización, que xestionará o rescate. Facilitaranse teléfonos de contacto para emerxencias.
O circuíto non estará pechado ao tránsito de vehículos; todo participante está obrigado a cumprilas normas de circulación viaria, sendo responsable de cantas infraccións puidesen cometer, respectar o paso de gandos, persoas e demais vehículos.
Material OBRIGATORIO:
• Sistema de hidratcion de como minimo 500cc. Non haberá vasos nin se darán botellas nos avituallamentos, por respeto ao medio ambiente.
• No caso de que as condicións meteorolóxicas o aconsellen, cortaventos ou prenda impermeable ou transpirable.
• Non se entregará ningunha comida con envoltorio nos avituallamentos.
• Así mesmo a froita deberá ser consumida no avituallamento e tirar os desperdizos nas bolsas dispoñibles ao efecto.
•
Material ACONSELLADO:
• Roupa e zapatillas axeitadas para unha carreira de montaña
• A organización resérvase a potestade de modificar o material obrigatorio con días de antelación en función das condicións meteorolóxicas previstas
• Teléfono móbil
• Manta térmica de emerxencia
Deberes dos corredores:
Os corredores están obrigados a levar o dorsal facilitado pola organización. Este levarase nun lugar visible na parte dianteira durante toda a proba e non poderá ser dobrado nin recortado
• A socorrer a outro corredor en perigo ou accidentado e a comunicalo á organización.
• A seguilas instrucións dos membros da organización.
• A non saírse do itinerario sinalizado.
• A comunicar a súa retirada nun control ou avituallamento, entregando o dorsal. O corredor asume toda súa responsabilidade dende que abandona voluntariamente a proba ou é descualificado. Si decide continuar no percorrido será baixo súa absoluta responsabilidade.
• É obrigación de cada participante portar consigo calquera residuo que xenere: envases, papeis, residuos orgánicos, etc., ata os lugares sinalados e habilitados pola organización
Descalificacion:
• Abandonar residuos fora das papeleiras situadas nos avituallamentos.
• Non portar o material obrigatorio.
• Non auxiliar ao participante que o necesite
• Non obedecelas indicacións do persoal identificado como da organización
• Non levar o dorsal visible.
• Atallar, saírse do itinerario sinalizado, especialmente nas zonas máis sensibles coa fin de non danar o medio ambiente.
• Non pasar polos controis de paso que determine a organización.
• Non realizar o percorrido completo.
• Non portar algún sistema de hidratación
O itinerario transcorre polo Parque Natural das Fragas do Eume, de alto valor ecolóxico e espazo protexido nalgunhas das zonas de paso, polo que se deben seguir as pautas de comportamento nos espazos protexidos:
• non deixar refugallos,
• non saírse do percorrido sinalizado
• non deixar rastro da nosa actividade.
A organización revisará todo o percorrido do trail nas 48 horas seguintes para minimizar todo o posible o impacto ambiental e recoller cintas de marcaxe ou residuos.
Reducirase ao mínimo o uso de plásticos no monte: avituallamentos, sinalización… A organización utilizará no posible material reutilizable ou reciclable.
Duchas:
Non existen duchas pechadas , las duchas se encontran en el exterior y son de auga fría. Existen un total de 15 duchas exteriores.
Comida:
Dende las 13:00 darase unha comida que para os corredores sera gratuita.
Os acompañantes deberan mercar vales por valor de 5 €.
Existe una carpa para la realizacion de la comida.
Lugar de saída:
Eumenatura
Lugar Vilafail, 2
15617 Monfero, A Coruña
43.396326, -8.076667
www.google.es/…/@43....3m1!1e3…
Existe una zona de aparcamento, de todas formas solicitámosvos que na medida do posible a asistencia sexa en coches cheos porque este aparcamento ten súas limitacións.
Rogamos sigades as instrucións do persoal de apoio para que as vías de acceso non queden colapsadas.
Poden cambiarse percorridos, distancias e desniveis a criterio da organización, o que se comunicará coa debida antelación.
TRACS:
TRACK:
es.wikiloc.com/rutas-c...8283544…
TRACK :
es.wikiloc.com/rutas-c...e-18279142