Lun, 07 Mai 2018, 16:57
Asunto: Re: IX Carreira do Espíritu Santo. (Muros).
Onte despois de varios anos de ausencia volvín a asistir a esta carreira.
Unha carreira durísima, pero de caracter solidario, inscripción gratuita ca condición de entregar algún alimento para Cáritas de Muros.
Onte facía moita calor, e máis se hai que correr as 11:30, é o que ten o mes de Maio, que igual que nos fixo calor nos pode caer unha tromba.
Esta carreira é basicamente un sube baixa constante, pero con grandes desniveis.
Non eramos moita xente, só 122 chegados a meta pero como son soamente 8 Kms. sempre tiven alguen cerquiña. Sain ca idea de ir regulando, e ainda que non o fixen estiven 2 veces a piques de poñerme a andar para recuperar o alento, xa que ia axfisiado de todo.
En carreira 2 avituallamentos (que boa falta fixeron) e ao remate un completo avituallamento sólido e líquido, do que non disfrutei, xa que cando acabo tan fatigado non me entra nada.
Felicitar a organización pola sua organización e que a sigan celebrando moitos máis anos.