Ven, 27 Abr 2018, 10:11
Asunto: XToSín Trail - 19/05/2018 - Portosín
Día: Sábado 19/05/2018
Hora: 17:30 h.
Saída e chegada: Portosín (Porto do Son)
Información: Arousa Natureza e Ocio e Concellalía de Deportes do Concello de Porto do Son
Inscricións:
www.arousa.com e
www.galitiming.com (presencial na Concellaría de Deportes do Concello de Porto do Son)
Páxina web oficial:
www.arousa.com - E-mail: contacto @ arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 14,5 km.
Tempo máximo de realización da proba: 2:30 h.
Custe inscrición: 8 €
Duchas: Portosín
Data límite inscrición: 16/05/2018 as 15:00 h.
Coorganiza: Concello de Porto do Son
Colabora: Asociación de Empresarios de Portosín, Asociación Deportiva e Cultural Arnela, Sachacamiños Clube de Montaña, Asociación de Veciños de Carreira, Senda XXI, Asoc. de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son
Primeira edición dun trail que non che vai deixar indiferente dende o momento da saida ata a chegada, ambas situadas en Portosín, no paseo marítimo: centro neurálxico deste lugar encantado da ría de Muros-Noia e punta de lanza do turismo nautico na bisbarra do Barbanza. Pero as sorpresas nin empezan nin acaban cunha saida ou meta espectaculares, senon que continuan dende o primeiro kilómetro, no que pisarás as areas da praia da Gafa, e a praia da Ornanda, para logo sair da costa e adentrarte en apenas uns metros en bosques, fragas, regatos, e rios sacados de contos e cheos de historias e lendas. Cada paso, e cada pedra, agochan un paraxe que facerá deste trail algo atractivo para a vista máis aló do sitio donde tes que pousar os pes.
Pero non hai que esquecerse que estás en un TRAIL, con todas as letras, e con todo o seu desnivel positivo no que se superan os 720 m+ cun único punto elevado pouco despois da metade da carreira, e que che leva ao cumio do alto da Figueira e casi aos 600 m. ca ría deitada aos teus pes que che permitirá sentir a sensación de flotar sobre os riscos, as praias, e mesmo as olas que se ven ao lonxe.