Mar, 05 Xuñ 2018, 9:33 Asunto: Visitamos O Courel
Dende Implicadas poñemos en marcha unha actividade que comprende toda unha fin de semana coa colaboración de Mindfulness y naturaleza: rutas conscientes, Transitum Natura e Paula Gómez del Valle.
Trátase dun obradoiro de fotografía impartido por Paula Gómez del Valle e unha camiñata pola serra do Courel. Apetece, verdade? Todas as persoas interesadas poderán asistir a todas as actividades programadas para a fin de semana completa, ou ben participar o sábado 30 de xuño ou o domingo 1 de xullo, segundo o que prefiran. Esta actividade está aberta á participación de todas as persoas que o desexen e queiran colaborar con Implicadas No Desenvolvemento e gozar dunha paisaxe natural como é o Courel.
Para ver o regulamento: www.implicadas.net/ves...ao-courel/
Inscricións a través desta ligazón: docs.google.com/forms/...6M9yUYJRUQ
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Non podes descargar arquivos