Lun, 11 Xuñ 2018, 15:10
Asunto: Re: Carreras infantiles: pagar 3 € para correr 80 metros :
Pois ben, sinto ter que ser a "nota discordante" neste asunto.
Hasta fai moi pouco, cando organizábamos unha carreira, avisábamos ó Concello pertinente, comprábamos unhas medallas para os nenos, uns botellíns de auga, e pouco máis. Este gasto, normalmente, podía ser asumido sin grandes problemas polas organizacións.
A cuestión ben en que agora o que queira non atoparse con problemas con Tráfico, debe aplicar a "rajatabla" o anexo correpondente ás probas deportivas que regula o Regulamento Xeral de Circulación. Para esta autorización debemos aportar entre outras cousas, o regulamento da carreira, memoria da proba, rutómetro, mapa do recorrido, certificado da empresa da ambulancia medicalizada contratada, seguro de responsabilidad civil (na que figure expresamente a cobertura da proba en cuestión), seguro de accidentes e xustificante de pago da taxa correspondente.
Vouvos a poñer un exemplo concreto: este vindeiro sábado, día 16 faise unha maravillosa carreira en Carreira-Ribeira (Carreira Virxe da Guía)
-síntoo, ultimamente vexo moito Telecinco, e xa sei como aproveitar cada situación para facer publicidade subliminal
-. Pois ben, no regulamento (corta e pega, do de anos anteriores), poñemos que o límite máximo de participantes vai ser de 300 adultos (de pago) e 300 escolares (de balde). A cuestión é que nos obligaron a que as coberturas do seguro de RC e de accidentes, se pagasen para os 600!!!!!! Xa sei o que pensades: somos uns pardillos!!
A falta de dous días, temos 38 inscritos adultos (non é indirecta para que vos apuntedes, eh...ainda queee....!!
), e 100 nenos!!!
O precio dos servicios de ambulancia, RC, accidentes e taxas, ou sexa, os que hai que pagar independientemente dos participantes finales, é de 970 euros.
¿Cómo non vou a entender ás organizacións que se deciden a imputar unha parte dos costes ós escolares? Claro que é unha medida que si a tomas, vanche a caer máis h...tias que ó Monchiño de "Fariña", pero en caso contrario, ¿que facemos?? Non meternos en quebradeiros e abandonar as carreiras infantiles??? Non sei, non sei....