Xov, 02 Ago 2018, 16:34
Asunto: 15k do Atlántico Banco Mediolanum
Boas amig@s!! xa está aquí unha nova edición dos 15K do Atlántico entre Oia e A Guarda.
Dende o Campo de Fútbol de Oia ata o Paseo Marítimo de A Guarda pasando polo Rosal e percorrendo parte do Camiño de Santiago Portugués pola Costa, 15 quilómetros pola costa Atlántica, nunha proba que chega xa á 6ª edición e que combina asfalto e terra, cunhas vistas cara o Atlántico, así será o vindeiro 07 de Outubro o 15k do Atlántico Banco Mediolanum e que hoxe abre o seu prazo de inscrición online na plataforma
www.championchipnorte.com
A 15k do Atlántico é unha das probas referentes do “running” galego, na que, na edición do 2017 superáronse os 800 atletas e que para este ano 2018, espérase chegar a preto dos 1000 atletas.
Paralelamente a esta 15k e dentro da filosofía “Deporte Saudable” organízase unha andaina popular de 12km dende Oia a A Guarda na que un guía mostrará aqueles lugares máis emblemáticos da zona.
Ata o próximo 15 de agosto tes un precio promocional de lanzamento en:
championchipnorte.com/...lanum-2018
Vémonos o próximo 7 de outubro!!