Foros ›
Sorteo 2 dorsais para 21K Costa da Vela (30/9/18): PECHADO
Foros de debate / Arquivo sorteos 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 04 Ago 2018, 20:19
Asunto: Sorteo 2 dorsais para 21K Costa da Vela (30/9/18): PECHADO

Sorteo de dorsais para a carreira:
V 21K Rodosa Costa da Vela
Domingo 30 de setembro de 2018


Que se sortea?
2 dorsais

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Cangas do Morrazo, domingo 30 de setembro de 2018.
Web da carreira: https://www.rockthesport.com/es/evento/21k-rodosa-costa-da-vela
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6014&date=20180930
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=20766

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o domingo 5 de agosto de 2018 ao xoves 9 de agosto de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 9 de agosto. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios rexistrados en www.correrengalicia.org e que estén dados de alta no Circuíto 2018-19. Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde os participantes deberán escribir cumprindo sempre os seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.
-Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 4 de agosto ás 23:59 do 9 de agosto). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

9. A comunicación coas persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Contactarase con estas persoas exclusivamente a través dunha mensaxe privada no foro de Correr en Galicia para confirmar que aceptan o premio e solicitar os datos persoais necesarios para realizar efectiva a inscrición na carreira. É responsablidade de toda persoa participante comprobar a súa carpeta de mensaxes privados do foro nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por sonsuso o Ven, 17 Ago 2018, 17:44; editado 1 vez
jotaeme

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/06
0 Carreiras
1056 Mensaxes
OURENSE / A CORUÑA
Respostar citando Envío Dom, 05 Ago 2018, 16:11
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 21K CostaDaVela (30/9/18): ata 9/8/18

... Desexo participar no sorteo... ¿É aquí Suso?.. Guiño
..Será a miña segunda participación. E unha carreira dura..( costas.. praias...) pero que merece moito a pena facer..con un percorrido de espectaculares vistas.... e con gran recompensa final ...
vizor

Maratoniano
Maratoniano
5/01/14
0 Carreiras
359 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Ago 2018, 17:43
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 21K CostaDaVela (30/9/18): ata 9/8/18

Me gustaría participar en el sorteo. Nunca la corrí antes pero con todos los que hable que ya la hicieron me hablaron maravillas de esta carrera, así que habrá que probarla. Tengo una duda, yo ya estoy inscrito,aún así puedo optar a un dorsal del sorteo y en caso de que me tocara me devolverian la inscripción o ya no puedo participar? Gracias
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 05 Ago 2018, 18:31
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 21K CostaDaVela (30/9/18): ata 9/8/18

jotaeme escribió:
... Desexo participar no sorteo... ¿É aquí Suso?.. Guiño

É aquí é aquí! Anotado estás, e na pole como dirían algúns! Aplauso

vizor escribió:
Tengo una duda, yo ya estoy inscrito,aún así puedo optar a un dorsal del sorteo y en caso de que me tocara me devolverian la inscripción o ya no puedo participar? Gracias

Ola Vizor,

O dorsal non se podería ceder a ningunha terceira persoa, aínda que o motivo fose a estar inscrito na carreira. O motivo non é outro que evitar posibles suspicacias e usos indevidos do dorsal (como unha posible venda do mesmo). Somos conscientes de que é posible que moitos foreiros, coma é o teu caso, xa estedes inscritos nalgunhas carreiras. Isto é un inconvinte que temos en conta, por ese motivo intentaremos anunciar os sorteos con toda a antelación posible para así evitar este tipo de situacións.

De feito, para correxir iso imos crear un fío onde se indicarán as carreiras nas que está confirmado o sorteo de dorsais (este é o enlace). Por exemplo, actualmente o Corresan, Malpica ou o Trail Terras do Mandeo son algunhas delas.

Para concluír respondendo á túa pregunta, se xa estás inscrito na carreira non tería moito sentido participar no sorteo. Sentímolo Vizor e grazas por querer participar! Esperámoste no resto de sorteos Guiño
srocha

Novo foreiro
Novo foreiro
7/05/15
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Ago 2018, 20:35
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 21K CostaDaVela (30/9/18): ata 9/8/18

Claro que quero ir!! Xa tiven a sorte de correla baixo a chuvia e noutra ocasión a case 30º! Ao coincidir a data co Trail do Galiñeiro estou indecisa, esta sería unha oportunidade xenial para decidir!
karris

Foreiro Senior
Foreiro Senior
16/10/12
16 Carreiras
350 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Ago 2018, 6:31
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 21K CostaDaVela (30/9/18): ata 9/8/18

Moitas gracias por esta iniciativa. Eu tamén desexo participar. Xa van tres participacións e non deixo de recomendar esta carreira, para min unha das máis bonitas, unha marabilla correr pola Costa da Vela e despois polos areais de Barra, de Nerga, Liméns...
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 06 Ago 2018, 7:15
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 21K CostaDaVela (30/9/18): ata 9/8/18

Quero participar.
Unha proba onde non tiven o pracer de poder ir nunca. Falan maravillas dela. Medio maratón, medio trail tranquilo....
Está preto, e creo que é hora de asistir por primeira vez.
urgon

Novo foreiro
Novo foreiro
11/04/08
115 Carreiras
43 Mensaxes
Burela
Respostar citando Envío Lun, 06 Ago 2018, 11:18
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 21K CostaDaVela (30/9/18): ata 9/8/18

Participo no sorteo!

Nunca corrín esta media, pero as referencias que teño son espectaculares e gustariame moito correla.

Un saudo,
manuel_slm

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/03/13
0 Carreiras
137 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Ago 2018, 13:44
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 21K CostaDaVela (30/9/18): ata 9/8/18

Participo!!!
Seria mi primera paraticipación y quiero averiguar si es verdad eso que dicen que esta muy chula!
marybego

Novo foreiro
Novo foreiro
29/06/15
6 Carreiras
39 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Ago 2018, 20:48
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 21K CostaDaVela (30/9/18): ata 9/8/18

Participo¡¡¡¡¡¡¡ Sorriso
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4778 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 06 Ago 2018, 20:58
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 21K CostaDaVela (30/9/18): ata 9/8/18

marybego escribió:
Participo¡¡¡¡¡¡¡ Sorriso

No sé si has leído las bases para participar,pero dicen así :
Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde os participantes deberán escribir cumprindo sempre os seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.
En este caso,tu sms no cumple por lo tanto no es válido,rellénalo un poco si quieres participar,gracias.
romaris

Maratoniano
Maratoniano
10/04/13
0 Carreiras
262 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 06 Ago 2018, 21:11
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 21K CostaDaVela (30/9/18): ata 9/8/18

Participo!!!

Non corrín nas anteriores edicións, pero conozco a zona e ten que ser espectacular competir por ela!!

Un saúdo.
adomaina

Novo foreiro
Novo foreiro
3/11/11
10 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 07 Ago 2018, 5:37
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 21K CostaDaVela (30/9/18): ata 9/8/18

Eu tamen quero participar.
Unicamente fallei a primeira edición e foi por enfermidade.
carreira única polos espazos que percorre.Non me perdo a próxima ....
mpacheco

Novo foreiro
Novo foreiro
20/02/09
0 Carreiras
15 Mensaxes
A Guarda / Porriño
Respostar citando Envío Mar, 07 Ago 2018, 6:39
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 21K CostaDaVela (30/9/18): ata 9/8/18

Participo¡¡¡¡¡¡
Paréceme unha carreira expectacular, o percorrido é precioso e moi completo (asfalto, terra, subidas, baixadas, praia, etc), e se a climatoloxía acompáñao poder gozar da zona.
Recomendable 100x100%
Sorte a todos
PABLOCHAO

Novo foreiro
Novo foreiro
6/05/16
3 Carreiras
27 Mensaxes
MURAS
Respostar citando Envío Mar, 07 Ago 2018, 9:46
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para 21K CostaDaVela (30/9/18): ata 9/8/18

Sí,... sí,... sí,... desexo participar no sorteo dos dorsais para o 21 k Costa da Vela.

Antes de nada, teño que confesar que cando se anunciou que non se ia realizar esta carreira este ano,... levei un disgustazo. Polo que agradezo ao Club Corredoiras que a recuperase, xa que é unha das miñas carreiras preferidas.

Será con toda seguridade a miña terceira participación,... e encántame este carreira. Teño anécdotas boísimas da miña primeira participación, coas que a día de hoxe nos seguimos partindo de risa cos compañeiros que comparto adestramentos,... pero que non podo compartir con vós (e probable que tampouco o entenderades).

De tódolos xeitos, o que máis me gusta desta carreira é o recorrido (tan variado) e as paisaxes. Facer a baixada da Caracola, enfilando de frente os acantilados da Costa da Vela en marea baixa,... e poder ver a area da praia coas Cíes ao fondo,... a poder ser un bo día de sol,... é algo que non terás en outra carreira.

Ademais, unha carreira moi animada sempre, tanto pola numerosa participación, como pola xente que vai a vela, que anima en moitísimas partes do circuito,... os colaboradores da escola de surf,... o paso polo tunel,... a chegada a meta,... e como non, as "duchas militares" (solicito formalmente que se repitan,... jajajaj).

Bueno, non me lio mais. Estes son mais que motivos, as "cousiñas" polas que este ano volverei a participar na Costa da Vela.

Un saúdo, e sorte a todos.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos