Lun, 10 Set 2018, 21:55
Asunto: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas
Diario de Noa....Diario de Noa.....esta é a proba irrefrutable de que, incluso as túas películas favoritas poden atacar por detrás e con alevosía...
Ben....ao allo
Eu, que sempre ando comentando a necesidade de compartir todo aquilo que vamos descubrindo/facendo nisto de Internet, e que procuro levar á práctica, ben sexa nun blog de recetas de cociña (
www.recetasbellas.com ), ben nun blog de GNU/Linux que agora teño parado pero que espero retomar pronto, ben calqueira das outras facetas que vou experimentando no meu día a día (temas sobre a preparación do café, a fotografía ou as apostas deportivas), xa estaba tardando en poñerme a compartir con todos vos as miñas andanzas diarias de entrenamentos.
Neste punto teño que decir que si algo teño claro é que a min gústame facer as cousas da maneira mais completa posible, o que levado ao tema que nos ocupa fai que procure entrenarme de forma que toque a maior variedade que poida en canto á forma de saír a correr cada día.
Digamos que non persigo un obxetivo concreto, como unha marca determinada, ou acabar a media maratón (este ano será a miña primeira na Adolfo Ros) por debaixo dun tempo determinado.
Son mais da idea de tratar de mellorar como corredor en tódolos aspectos o que, sen dúbida, traerá melloras nos tempos e ritmos que vaia sendo capaz de abarcar.
Aparte de que esa forma de encarar esa pelexa diaria de saír a correr fáiseme mais amena, menos monótona, o cal tamén contribúe a que sexa capaz de manter a ilusión no tempo.
De esa forma trato de facer variedade ao longo da semana, sabedor de que non sempre vou a poder levar este plan a cabo, xa que están outros factores externos que son difíciles de controlar, como o tempo meteorolóxico, o cansancio que un vai acumulando (xa son 52 tacos ao lombo....), ou que hai días que surxen outras ocupaciós que fai imposible saír a correr.
Pero bueno....sempre que poida procurarei manterme na liña que marco desde un principio, sabedor que na constancia está parte do éxito de conseguir avanzar ou non nas nosas marcas e, polo tanto, na nosa propia felicidade.
A idea é realizar un día de series, outro de cambios de ritmo, e outro de costas e velocidade punta en tramos curtos.
Iso serían tres días, nunca seguidos entre sí. Logo está a opción de deixar días de descanso entre eles ou, que é o que quero facer eu, dedicarme a traballar algo de forza na casa con pesas por 1 hora mais ou menos, para logo saír a facer cardio suave por outra hora.
Desa maneira hoxe empecei a facer o primeiro día da semana, na que traballei series.
Normalmente fago 4x400 a ritmo de 3:40-4:00, logo 2x800 a ritmo de 4:00-4:20, e 4x400 a ritmo de novo de 3:40-4:00.
Digo "normalmente", pero é que ata este verán tampouco era eu demasiado constante nestas cousas.
Pero non sei...debin pegar un pau cunha pedra na cabeza que, dunhas semanas para aquí ando plenamente convencido de querer mellorar como corredor en tódolos aspectos...e nesas ando...
Antes de empezar as series aplico un quentamento basado en correr prim eiro uns 2 kms. a ritmo moi suave (5:50 min/km máis ou menos), seguido duns estiramentos dinámicos, como explican aquí:
www.youtube.com/watch?v=CHs1LDgdOhA , para continuar cunhos 500 mmetros ao ritmo que teño pensado correr a continuación. Como neste caso eran series a 3:40, pies 500 metros a ese ritmo.
E ben....que tampouco quero eu daros un ladrillo na miña primeira introducción.
Mañá tocará traballar na casa un pouco coas pesas e banco de exercicios, para logo continuar con 1 hora de carreira continua que favorece a nosa capacidade de aguante nas carreiras.
Ben....pois isto é todo por hoxe.
Vémonos mañá, compañeir@s de fatigas!