Xov, 01 Nov 2018, 18:22
Asunto: Re: VI Carreira Popular Concello de Rianxo
Antes de nada darlle as grazas a organización, voluntarios, colaboradores e todo o personal implicado na carreira.
Moi contento con voltar a correr en Rianxo despois da ausencia do ano pasado. Este é un circuito que pese a ser a 3 voltas faixeme moi levadeiro.
Dudei se asistir a carreira, xa que o Domingo a tardiña, fixen un mal movemento ca rodilla operada cargando unhas cousas no coche, e estívome a molestar ata onte.
Así que saín con algo de precaución (ainda que no quecemento non tiven ningún problema).
Así que fun a un ritmo uniforme nas 2 primeiras voltas e na derradeira, xa lle din bastante máis de caña, e agora revisando o correo electrónico vexo un correo de emesports, que así o confirma.
"La primera vuelta, la has dado en un tiempo de 00:14:27 (160)
La segunda vuelta, la has dado en un tiempo de 00:14:28 (146)
La tercera vuelta, la has dado en un tiempo de 00:14:02 (123)".
Así que próxima parada o Domingo a estrear o novo percorrido en Lousame.
Un saudiño.