Dom, 07 Out 2018, 8:25
Asunto: I ROTEIRO RIBEIRAS DO RIO SOR (Concello de Mañón)
A.D.NORTHWEST ADVENTURE organiza na área recreativa de Ponte
Segade, no concello de Manón, un roteiro a pé o vindeiro Domingo 21 de
Outubro.
UBICACIÓN:
https://goo.gl/maps/J5CbZWHyuRv
A actividade conta con dous percorridos polo enclave das ribeiras do río
Sor e aledaños do concello de Mañón formando unha ruta circular que será GUIADA polos membros da A.D.Northwest Adventure e serán os encargados de marcar o ritmo de progresión (tranquilo e facendo paradas para sacar fotos e desfrutar do entorno);
-
Curta: 10 kilómetros e 550 metros de desnivel positivo acumulado,
sendo un percorrido de dificultade media, polo que será accesible a
maioría de persoas que acostumen facer actividade física.
-
Longa: 18,5 kilómetros e 850 metros de desnivel positivo
acumulado, no que o nivel de exixencia física é medio/alto e os
participantes que decidan aventurarse neste percorrido han de ser
consecuentes consigo mesmo e valorar realmente se son capaces
de asumir a ruta na súa totalidade.
Será preciso estar inscrito previamente na actividade e deberá
formalizarse de forma online na plataforma habilitada na web
www.galitiming.com ou presencialmente na instalación da tenda Atmósfera Sport de Cariño , antes do Xoves día 18 as 23:59h .
¡PLAZAS LIMITADAS a 100 persoas! (50 persoas para cada percorrido).
A inscrición por participantes ten un importe de 10€ e inclúe;
- Seguros de R.C. e accidente.
- Café ou chocolate de benvida con algo pa pingar.
- Avituallamento sólido e líquido.
A maiores proponse un xantar ó rematar, na mesma zona de
concentración (área recreativa de Ponte Segade), na que poderemos degustar
unha fantástica paella de carne + consumición (auga, refresco ou cervexa), pan
e postre. Ésta opción terá un incremento no momento da inscrición de
8€/persoa.
DESCARGA O REGULAMENTO PREMENDO
AQUÍ
MÁIS INFO NO EVENTO DO
FACEBOOK