Ven, 26 Out 2018, 11:21
Asunto: Re: Datas: XIII.C10-6/10/19. XI.C21-17/02/19. VIII.C42-14/04/19
Na web da organización:
"Es intención del Ayuntamiento que la Maratón Coruña42 se consolide en poco tiempo, como referencia nacional por su recorrido llano y rápido, así como por su gestión organizativa."
Quererán consolidala pero hoxe hai máis de 300 inscritos na maratón da VigBay, ¿e cantos hai inscritos na maratón de Coruña?
Pois ningún porque aínda non abriron inscricións. Entras na web e por ter todavía teñen a data deste ano. Mantémonos informados os do foro gracias a bos foreiros, pero xa me diredes como o fai un madrileño ou un parisino.
E que conste en acta: sempre dixen que poucas organizacións funcionan tan ben o día da carreira como na Coruña. Pero o "marketing" lévano fatal, fatal...
Téñeno todo para unha boa maratón: a propia organización, experiencia, a posibilidade dun bonito percorrido, aeroporto para a xente de fóra... ¡¡se ata teñen o faro máis antigo do mundo!! Todo eso cunha web exclusiva para a proba de poucos centos de euros, un video con música épica cunhas tomas de dron, data e información cun mínimo de 7-8 meses de antelación... e teñen unha maratón
fetén