Cita: |
a asociación Rutas a Pé e o Concello de Ames prepararon dous obradoiros aplicados á práctica do sendeirismo: un sobre orientación (os días 10 e 11 de novembro) e outro sobre manexo do GPS (os 12 e 13 de xaneiro). Os cursos desenvolveranse no Centro de Formación e Emprego de Aldea Nova, en horario de 09:30 a 19:00 horas. A primeira das accións, achegará contidos sobre a preparación de rutas, a orientación por medios naturais, a navegación básica e a introdución no uso de instrumentos como o compás, o mapa e o altímetro. A idea é que os participantes obteñan nocións de declinación magnética, acimut e rumbos, amais de coñecementos que lles permitirán ler e interpretar de maneira correcta un mapa ou empregar o compás e o sistema de GPS. |