Ven, 16 Nov 2018, 12:51
Asunto: Re: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)
REGULAMENTO
V MARATÓN por MONTAÑA “A CAMELIA” 2019
1.- ORGANIZACIÓN E TIPO DE PROBA
1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Vedra, organiza o V Maratón por Montaña “A Camelia” 2019, que se celebrará o día 03 de Febreiro do 2019, con saída na Área recreativa de Agronovo e chegada en Vedra (Pabellón de Deportes).
1.2.- Tipo de proba.
MARATÓN: Modalidade competitiva no federada, con unha distancia de 42 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.800 m e un desnivel acumulado de 3.500 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: media
6 Avituallamentos (1 líquidos + 5 sólidos)
A saída da Maratón será as (9:00h), trasladándose os participantes en autobús desde o Pavillón Polideportivo de Vedra (as 8:30).
Existirá un tempo límite de 7:00h, contadas desde a saída, polo que o participante que supere as 5.00h nun punto no que haberá unha persoa de control (Km 30,5), deberá desviarse obrigatoriamente polo trazado alternativo.
2.-PERCORRIDO
2.1.- O itinerario recorre os montes e camiños de gran parte do Concello de Vedra, adentrándose tamén, nos concellos de A Estrada, Boqueixón, Santiago de Compostela e Teo. Sendas cheas de historia, lendas e tradicións, moldeadas pola forza da natureza.
Tamén haberá tramos de asfalto, tanto na saída como na chegada, así como enlaces entre distintas zonas.
Maratón
Elevación máxima: 540 m
Elevación mínima: 46 m
Pendente máxima de subida: 36%
Pendente máxima de baixada: 37%
Distancia de asfalto acumulada: 3,5 kms
3.- PROGRAMA
03 de Febreiro (domingo)
07:30–Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais. (Pavillón Polideportivo de Vedra- Zona de Meta)
08:30–Fin da entrega de dorsais para a Maratón.
Inicio de transporte (autobuses) dos corredores da Maratón.
09:00–Saída da Maratón.
14:00–Corte horario da Maratón no Km 30,5 (desvío obrigatorio)
13:00–Chegada prevista dos primeiros corredores da Maratón.
14:30–Cerimonia de entrega de premios.
16:00–Peche de Meta e clausura da proba.
4.- PARTICIPACIÓN
4.1.- Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode desenrolarse baixo condicións climáticas de frío, choiva e vento, polo cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade, afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.
Material Recomendado (tendo en conta a climatoloxía de un mes de Febreiro):
- Chuvasqueiro ou cortaventos
- Teléfono Móbil con carga suficiente
- Reserva de auga de ½ litro
-Obrigatorio vaso ou recipiente similar para os corredores da Maratón (non se repartirán vasos nos avituallamentos).
4.2.- O percorrido estará señalizado pola organización con cinta plástica de color vivo, pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade de cada participante localizar a señalización e seguila.
4.3.- Os tramos que discorran por carreteras, non estarán cortados o tráfico rodado, debendo os participantes respetar as normas de Tráfico e indicacións da Organización.
Importante prestar atención o cruce da N-525, donde habrá unha persoa da organización xestionando ese punto (Km 24).
Coordenadas: 42.783387, -8.435895
4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios establecidos.
4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.
4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza (Rede Natura 2000, Vía da Prata, Camiño Miñoto/Ribeiro), polo que non debemos ensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fora das áreas de control.
Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.
4.7.- O participante presta o seu consentimento a Organización do V Maratón por Montaña “A Camelia” 2019, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódalas formas posibles. Calquer persoa inscrita poderá prohibir a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o Club de Montaña Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com
A Organización garantira o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, o firmante queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos persoais aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma. O participante porá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido o Club de Montaña Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com
5.- INSCRICIÓN
5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da proba).
O límite de participantes será de 150 prazas.
5.2.- As inscricións poranse formalizar a partir do día 12 de novembro de 2018, a través da páxina web
galitiming.com/inscrip...-line.html rellenando o formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria correspondente.
O prezo da inscrición será: 25€
Si antes da fecha de peche de inscricións (31 de xaneiro de 2019), se chegase a dito número, non se admitirán mais participantes.
Unha vez realizada a inscrición, solo se accederá a devolución do importe en caso de lesión ou enfermedade, sendo necesario a presentación dun certificado médico mediante correo electrónico a seguinte dirección: cdmvertice @ gmail.com
A inscrición e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento e a renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.
6.- CATEGORÍAS E PREMIOS
6.1.- Maratón:
Trofeos os tres primeiros de cada unha das categorías (non acumulables):
Categoría absoluta masculina e feminina,
Veteranos (+40) masculina e feminina
Clasificación por Equipos/Clubs( tres primeiros):
Os equipos terán que estar formados por un mínimo de 3 compoñentes, formalizando a inscrición co mesmo nome de equipo.
Camiseta técnica a tod@s @s participantes da Maratón
Pincho Final na Meta para tod@s.
7.- AVITUALLAMENTOS
7.1.- Como apoio, a Organización pon a disposición dos participantes os seguintes avituallamentos líquidos e sólidos:
Km. 7– Puente Ulla - Líquido + Sólido
Km. 14– Zona da canteira - Líquido + Sólido
Km. 19,5– Pico Sacro– Líquido + Sólido
Km. 25– Socastro – Líquido
Km. 29,5– Ponte baixo a AP-53 – Líquido + Sólido
Km. 35,5– Monte de San Fins – Líquido + sólido
8.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
8.1.- Motivos de descalificación:
Non pasar polos puntos de control establecidos
Non realizar o recorrido completo
Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido
Entrar na meta sin dorsal
Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das zonas de avituallamentos e control)
Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite
Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa
9.- RETIRADA E ABANDONOS
9.1.- Calquer corredor porá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o control máis próximo ou o persoal da Organización e entregando o dorsal.
Si por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar hasta un punto de control, tendrá que avisar o corredor máis cercan ou esperar o vehículo escoba. Existirá un nº de teléfono para emerxencias.
9.2.- A Organización porá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas condicións físicas para continuar en carreira.
9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio os accidentados ou a aqueles que o requiran.
10.- ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase a partir das 14:30h, acompañado dun picho final.
11.- OUTRA INFORMACIÓN
11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica. Tamén pondrá a disposición dos participantes as duchas e vestiarios do Pavillón Polideportivo Municipal (zona chegada).
11.2.- Coordenadas GPS:
-Meta/Recollida de dorsal: 42.773046, -8.483207
-Saída Maratón: 42.754908, -8.408446
11.3.- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado deste Reglamento, así como os producidos nos desprazamentos ou desde o lugar en que se desenrola a carreira.
11.4.- A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.