Xov, 21 Feb 2019, 12:36
Asunto: Re: 5ª Carreira Solidaria Universitaria Campus na Nube Run4med
AJACAST escribió: |
sonsuso escribió: |
Porén, é unha carreira na que non me fai moita gracia participar polo que para min simboliza Campus Na Nube dentro da Universidade de Santiago de Compostela. En fin, seguramente toque tirar de contradición un ano máis |
cóntame máis porfa tiña pensado estrearme este ano nesa proba |
Sei que é unha carreira solidaria, pero iso non lexitima todo. Para min Campus na Nube é un máis dos exemplos da deriva que está a tomar a universidade pública. Representa a externalización de moitos servizos básicos dentro da universidade e todo o que iso conleva. Obriga de facer uso deste servizo para os traballadores da mesma a pesar do pouco competitivo dos prezos, existencia ata hai 7-8 anos de locales físicos con persoas en case todas as facultades mentres que agora só hai máquinas nas que hai que pagar con tarxeta prepago. Dinámicas empresariais totalmente lexitimadas pola propia universidade, que fomenta o seu uso.
Cando o cambio tivo lugar e entrou en escena o nome "Campus na Nube", tanto estudantes como profesorado e investigadores montaron en cólera pola deriva do servizo. Case unha década despois, xa o asumimos como algo normal. Eu sigo recordando o que había e o que hai, e por iso para min Campus na Nube representa a deriva da universidade pública. Da mesma forma que o Banco Santander, pois agora para conseguir a tarxeta universitaria tes que ir a unha sucursal bancaria. Se alguén pode explicarmo agradézoo.
Entendo que haxa persoas que poidan estar dacordo con estes feitos e con estas dinámicas, mesmo outras que non lles importe, pero a min paréceme preocupante. Por iso da mesma forma que se o Banco Santander ou similares organizan unha carreira e moitas persoas o cuestionan, creo que a pequena escala isto é o mesmo.
Grazas por preguntar
Ajacast!
---
Dito isto,
como carreira exclusivamente, sinxela e recomendable. Nada do outro mundo, pero o que fan está ben. É careira, pero penso que gran parte da inscrición vai para a doazón. Ademais remata nas pistas de atletismo, algo que sempre ten un toque especial.
Eu adoito ir porque me permite compartir un moi bo rato con amigos. Por exemplo, un ano acabei entre os vinte últimos e paseino pipa! Eramos un bo grupiño de catro persoas no que só eu corría habitualmente, e foi unha festa. Por iso creo que ás veces é importante saber asumir contradiccións e ir a pesar do que anteriormente dixen. Pero recordalo ás veces permítenos non perder a perspectiva das cousas.