Ven, 01 Mar 2019, 12:05
Asunto: 5ª ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA 26/05/19
Un ano mais estamos a presentar a 5ª edición da Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión, unha proba que medra ano a ano e que está a alcanzar un nivel de aceptación espectacular entre a poboación. Basta con comprobar a participación en anteriores edicións para determinar que a andaina calou de maneira profunda entre os/as sendeiristas.
A nova edición contará co formato xa coñecido de 50 km distribuídos en tres aneis, o que facilita que camiñantes con distintos niveis de forma poidan anotarse a esta proba, podendo abandonala nos puntos quilométricos 14, 36 ou 50 dependendo das capacidades de cada un (quilómetros nos que se volve á Carballeira de Santa Minia, punto neurálxico da proba).
O primeiro anel de 14kms está pensado para que familias ao completo se animen a camiñalo pois, debido ao seu baixo nivel de dificultade, mesmo a rapazada ou sendeiristas con pouca experiencia poden rematalo sen problemas. A partir deste punto, e segundo as esixencias ou obxectivos de cada un, pódese optar por realizar 36 km ou completar a distancia total de 50 km recibindo así a puntuación para participar da Copa Galega de Andainas de 50 km da Federación Galega de Montañismo. Copa na que volve a incluírse a Andaina Terras de Altamira – Concello de Brión por terceiro ano consecutivo.
O principal obxectivo desta proba é fomentar a realización de exercicio físico de maneira non elitista xerando un día de festa e convivencia co deporte como pano de fondo. Por iso, dende a organización da andaina, apostamos polo trato próximo e amable cos participantes ofrecéndolles un amplo abano de servizos e agasallos e intentando que todas e cada unha das persoas que participan da proba desfruten da mesma sen ter que preocuparse de nada mais que andar e recrearse coa paraxe que as rodea.
Outro dos obxectivos da andaina é fomentar un maior aprecio e respecto polo medio ambiente, baseado no coñecemento das entornas naturais e das paisaxes que nos ofrece o Concello de Brión. Para tal fin, moitos dos sendeiros polos que transcorre a proba foron preparados e recuperados expresamente para ela ao tratárense de antigos camiños en desuso que servían de paso de carros ou de comunicación a pé entre as distintas aldeas e que co tempo foron quedando abandonados trala aparición das estradas e os vehículos a motor. Poderemos un ano mais albiscar fervenzas, pasear entre castelos, importantes igrexas, maxestosas carballeiras, senlleiras aldeas e unha morea mais de puntos de interese que non deixarán indiferente a ningún participante.
Isto todo, e moito mais é o que se atoparan os/as participantes da 5ª Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión que se vai celebrar o 25 de maio de 2019 a partir das 9:00h. na Carballeira de Santa Minia.
INSCRICIÓN:
Poderá realizarse dende o 1 de marzo ata o 23 de maio de 2019 a través da web oficial da proba
PREZOS
Establécense tres prazos para o pagamento da andaina:
- Dende o 01 de Marzo ao 14 de Abril: 14€*
- Dende o 15 de Abril ao 12 de Maio: 18€*
- Dende o 13 ao 23 de Maio (sen opción á bolsa do sendeirista): 14€*
* O prezo reducirase en -2€ para aqueles participantes que posúan licenza da Federación Galega de Montañismo vixente durante a tempada 2019.
SERVIZOS
Bolsa do sendeirista (só para inscritos antes do día 13 de Maio de 2019) + Avituallamentos sólidos e líquidos + Médico + Ambulancia + Seguro de accidente + Duchas + Piscina cuberta + Recollida en caso de accidente ou lesión + Aparcamento + Diploma de finisher + Medalla de finisher
MAIS INFO:
www.andainaterrasdealtamira.org/
Última edición por O_Esquio o Ven, 28 Feb 2020, 8:14; editado 2 veces