Xov, 13 Dec 2007, 13:04
Asunto: Carreira do Pavo 2007 Vigo Domingo 23 decembro
Como non aparece información tirei de telefono e chamei á Federación, velaí tedes o fundamental:
----------------------------
1.A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Concello de Vigo e El Corte Inglés, organiza o XLVI Gran Premio Pedestre do Nadal (Carreira do Pavo 2007), a disputar o 23 de Decembro en Vigo, baixo o control técnico do Comite Galego de Xuices.
2.As carreiras disputaranse no circuito urbano da Praza de Comspostela e arredores, co seguinte programa
-10:30 Benxamíns (99-00) - 713 m. - 1 volta pequena
-10:40 Alevíns (97-98 ) - 1.363 m. - 2 voltas pequenas
-10:55 Infantil (95-96) - 2.013 m. - 3 voltas pequenas
-11:10 Cadete (93-94) - 2.818 m. - 2 voltas pequenas e 1 volta grande
-11:30 Xuvenil-Junior e Vet. feminino - 3.623 m. - 1 volta pequena e 2 voltas grandes
-11:50 Xuvenil-Junior e Vet. masculino - 5.728 m. - 2 voltas pequenas e 3 voltas grandes
-12:20 Promesa-Senior feminino(88-ant.) - 4.273 m. - 2 voltas pequenas e 2 voltas grandes
-12:50 Promesa-Senior masculino - 7.988 m. - 1 volta pequena e 5 voltas grandes
Os veteráns poderán participar na carreira Promesa-Senior espicificandoo na inscrición e non haberá premios para a categoría veterán nesa carreira.
3.Poderán participar cantas persoas o desexen, estexan ou non federadas, con excepción dos atletas portuguesas que foran internacionais co seu país nos últimos 5 anos. As inscricións formalizaranse por escrito na Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo (Rúa Luís Ksado 17 36209 Vigo), no Departamento de Deportes 2ª Planta do Corte Inglés, por correo electrónico en fgavigo @ terra.es ou por fax ao 986441216, facendo constar: nome e apelidos, ano de nacemento, clube e número de licenza no caso de atletas federados. O prazo de inscrición pechase o xoves 20 de decembro ás 21:00 horas. A organización obsequiará cunha camiseta a tod@s @s participantes.
4.@s atletas participarán cós dorsais que se entregarán unha hora antes do comezo do programa na "Secretaría da Competición, situada na "Cafetaria Alameda" na mesma Praza de Compostela.
5.Premios: Trofeos as/aos primeir@s, lotes de nadal as/aos tres primeir@s de cada categoria e sexo. Premios metálico para categoria Promesa - Senior
---------------
Como xa volvo trotar por alí andaremos
e se podemos correremos
Última edición por Franki o Xov, 13 Dec 2007, 13:55; editado 1 vez