Mér, 02 Xan 2008, 17:23
Asunto:
Hoxe foi unha das carreiras nas que mais disfrutei, é a causa non é outra que corrín en compaña da miña filla maior, e ¡sorpresa!, da miña muller, que tamén se animou a facela i eso que hai anos que non corre.(só vai a natación).
A verdade e que so me deixaron acompañalas durante 500mts. despois botaronme xa que dician que se non as ia queimar, polo que o resto da carreira fun cun compañeiro do club pero a un trote pachangueiro de todo, disfrutando doutra perspectiva das carreira.
Así que o chegar a meta din a volta para entrar cas miñas "chicas", pero a pequena xa deixara a nai e ia moi ben para a meta, así que un pouco mais atrás viña a miña muller e fixemos os últimos 500 mts. xuntos.
A verdade, é que eu estaba moi contento, pero elas ainda estaban moito máis.