Ven, 16 Ago 2019, 23:49
Asunto: IV Circuito de Carreiras Arousa Norte. A Pobra-25/08
O IV Circuito de Carreiras Populares Arousa Norte “4 carreiras...1 meta” é
un programa de carreiras a pé que dará comenzo o vindeiro domingo 25 de agosto no Concello da Pobra do Caramiñal.
O Circuito contará co control técnico da Federación Galega de Atletismo e
estará organizado conxuntamente polos concellos que forman parte da
Mancomunidade Arousa Norte:
A Pobra do Caramiñal
Riveira
Rianxo
Boiro
No mesmo poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sexan
ou non federados/as no deporte do atletismo.
As modalidades de inscrición no circuito serán 2:
1. Participantes individuais nas probas do circuito: serán aqueles deportistas (adultos ou menores de idade) que se inscriben nunha ou en varias das probas das que se compón o circuito, pero que non participan na competición do circuíto. Deberán facer a inscrición en cada unha das probas INDEPENDIENTEMENTE nas que desexen participar.
2. Participantes no circuito: serán aqueles deportistas (adultos ou menores de idade) que se inscriban na modalidade de circuito co obxectivo de completar a participación no mesmo. Os mesmos entrarán na clasificación particular de cada unha das probas do circuito nas que participen, e tamén puntuarán na clasificación xeral do circuito coma todos/as os que o fagan do mesmo xeito. O prazo para inscribirse nesta modalidade finalizará ao remate do prazo de inscrición da segunda proba, xa que para tomar parte nesta clasificación deberán participar e rematar alo menos 3 das 4 probas do circuito. Deberán correr obrigatoriamente co chip e dorsal facilitado pola organización.
Tmén se poderá computar por clubes, equipos popular ou asociacións. Consultar informción no ligazón:
eventos.emesports.es/i...hp?id=9862
O circuito terá as seguintes datas:
CALENDARIO DE PROBAS DO CIRCUITO
DATA PROBA
25 de agosto CCArousa Norte A Pobra do Caramiñal
28 de setembro CCArousa Norte Riveira - Santa Uxía
1 de novembro CCArousa Norte Rianxo
1 de decembro CCArousa Norte Boiro
PREZOS DA INSCRICION
ESCOLARES (de sub 10 a sub 16) GRATUITA
ADULTOS (de sub 18 a máster):
-> Xeral nas 4 probas do circuíto 20 €
-> Inscrición individual por proba fora do circuito: 6 €