Foros ›
Carreira a pé e Andaina polo Mazanteu
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
YagoBreijo

Novo foreiro
Novo foreiro
21/11/17
0 Carreiras
28 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 22 Ago 2019, 22:57
Asunto: Carreira a pé e Andaina polo Mazanteu



Hai xa 4 anos que o clube Ciclista Cariño leva a cabo a ruta BTT dos Aguillóns, onde se pretende ofertar unha xornada de diversión enriba da bicicleta de montaña mentres se dá a coñecer os lugares máis característicos e fermosos da contorna da vila de Cariño. Dende a pasada edición incluímos tamén a modalidade de Andaina, que se celebra paralelamente ca ruta BTT e permite que os acompañantes e tódalas persoas que se queiran unir a desfrutar da natureza neste evento poidan facer da maneira que máis lles conveña… é por iso que nesta II edición da Andaina polo Mazanteu incluímos tamén a modalidade de Carreira a pé.

Este ano otorgaremos trofeo a:
Participante máis novo/a.
Participante máis veterano/a.
Clube ou grupo máis numeroso.

Tanto a marcha BTT como a Andaina e Carreira a pé poderánse facer en velocidade libre, xa que se encontrarán completamente sinalizados os percorridos. Ningunha das modalidades será cronometrada nin se elaborará tabla clasificatoria.

A saída terá lugar na Casa do Concello de Cariño, onde tamén estará ubicada a meta, secretaría, consigna e pincho fin de proba.

As horas de saída serán as 9:30h para os participantes na marcha BTT, e as 10:00h para a os da Andaina e Carreira a pé.

TODA A INFO E INSCRICIÓNS EN WWW.CLUBCICLISTACARIÑO.ES





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos