Xov, 29 Ago 2019, 15:06
Asunto: Andaina Trail Montefaro 2019
O día 20 de outubro, como é habitual partirá desde O Mosteiro de Santa Catalina (Montefaro) ás 10:00 horas, finalizando no mesmo punto.
INSCRIPCIONS :
www.rockthesport.com/e...-montefaro
Temos 3 posibilidades que discorrerán por unha zona tan espectacular e fermosa como é a comprendida entre as rías de Ferrol e de Ares repleta de carreiros con incribles vistas ao mar:
-Unha andaina de ao redor de16 km, desnivel positivo de 300 m e un límite de 80 participantes.
Os trails pecharán o seu control 2 horas e media despois da chegada a meta do primeiro clasificado, e a andaina terá un tempo máximo de 4 horas para a súa realización. A organización, por motivos de seguridade, resérvase o dereito de recortar o percorrido a aqueles participantes que se estime non poidan cumprir o horario.
A inscrición, que require ser maior de 16 anos, finalizará o mércores día 16 de outubro, ou ao alcanzar os 450 participantes e o seu custo será de:
-12€ para a Andaina.
Como todos os nosos eventos será un Trail solidario, esta vez coa Asociación Española de Sturge Weber (https://sturge-weber.es/?fbclid=IwAR3nu4qs36szTbVj3PNCjUhvtdFYQ8bSF-QmSGtdVqyybedsZBhFbh9nAu4), próxima a nós a través dunha familia Aresana. Información en
www.facebook.com/aessw. Poderedes facer unha achega voluntaria que vai desde 1 Euro ata 5 e o recadado destinarase integramente á devandita asociación. Animarvos a ser solidarios/ as
Os dorsais e agasallo de participación poderanse recoller o día anterior á proba en lugar e hora que se comunicará nas redes sociais do club, e o mesmo día desde as 8 ata 15 minutos antes da saída.
A proba contará con servizo gratuíto de consigna onde poder deixar mochilas ou outros efectos persoais, ademais dun Servizo de Gardería gratuíta para nenos a partir dos tres anos (TOTALMENTE GRATIS, SEN CUSTO ADICIONAL) … Vós gozades do Trail ou da Andaina e nós coidamos dos máis pequenos. Inscríbesche e disnos cuantos nenos tes e as idades a este correo (pulpeirosmugardos@gmail.com), o resto é cousa nosa!!
En carreira haberá 2 avituallamientos líquidos e un sólido e, ao finalizar, unha pìnchada que está incluída na inscrición (obrigatoria a pulseira identificativa, tanto para participantes como acompañantes, para acceder á zona de petiscos).
O participante que desexe traer acompañantes aos petiscos deberá de marcalo na casa correspondente durante a inscrición e terá un custo engadido de 3€. O total de acompañantes está limitado a 80 en total debido as limitacións de aforo do Mosteiro.
REGULAMENTO :
drive.google.com/file/...sp=sharing