Mér, 11 Dec 2019, 9:06
Asunto: Re: Adestramento cruzado
JuanBellas escribió: |
¿Sodes partidari@s de facer algo de adestramento cruzado... |
ROTUNDAMENTE SÍ
JuanBellas escribió: |
ou sodes da idea de que para ser mellor corredor hai que empregar o tempo en correr? |
ROTUNDAMENTE SÍ
MALOEXPLIQUE!!!
Eu creo que se falamos de baixar tempos e podes correr sen mancarte 6 días á semana, vaiche ir mellor que saíndo 4.
Agora ben, podes facelo? Podes adestrar durante 6 días durante meses sen lesionarte? Vaiche supor una mellora ou vas estar derreado? Deses seis días algún vai ter que ser tan suave que non sirva de moito?
En defintiva, corre tantos días como poidas , como che deixe o teu corpo sempre e cando che sexa positivo. No momento en que correr 5 días sexa máis contraproducente que correr 4 é o momento de meter o adestramento cruzado.
Eu non, eu sei que se saio máis de 3 días á semana (4 excepcionalmente se “maratón habemus”) peto en menos de 2 meses. Normalmente corro un día sí e outro non.
Unha semana base tería no meu caso 2 días seguros de carreira, 1 día seguro de natación, 1 día seguro de calistenia de tronco. E a partir “xavamosvendo.com”, se podo facer un quinto día pois case seguro calistenia de perna e xa se hai un sexto lotería (bici, natación, calistenia de tronco outra vez, remo máis no verán, etc…)
En cuestión de saúde tamén teño claro que é moitísimo mellor diversificar e os que xa estamos máis preto dos 50 que dos 40 aínda moito máis. O tema impactos é fodido sí ou sí, aínda que non o queiramos ver.
JuanBellas escribió: |
¿creedes que introducir ese tipo de actividade mellóravos como corredores, |
Ben, sobre isto vas atopar todo tipo de estudios, dos que che van dicir que é o mellor do mundo mundial e os que che van dicir que non aportan prácticamente nada.
Así que vou tirar de experiencia persoal que non será moi científico o argumento pero alomenos de primeira man.
Que me aporta a min a natación? Melloras á hora de traballar en débeda de osíxeno (estame dando vergoña ser tan pedante pero non sei como escribilo doutro xeito). En piscina case todo o adestramento é: -ou técnica ou calidade (non hai moito concepto de “tirada larga”). A calidade ven por series e por apeneas... sen enrollarme, cando acabas un 5x100 ou unas apneas pareces un peixe fóra de auga, buscas osíxeno por todas partes…esa sensación de agonía tan intensa nunca a teño nas carreiras, incluso despois de esprintar. Gústame pensar que a natación me axuda a traballar en débeda de osíxeno .
Ter un tronco un pouco traballado? Pois o que todos sabemos, equilibrio, braceo nas costas, etc…
Unha tirada en bici de 50-60 qms? Vaiche dar os beneficios dunha tirada longa pero sen os danos de impactar durante 90 minutos correndo.
Moitas veces nos planes de adestramento de 6 días a la semana para bajar de xxx en media, con mil kms a la semana…son contradictorios porque eles mismos che sinalan a necesidade do descanso, de traballar todo o corpo, as pernas, de que non todo é correr, da importancia do gimansio, de deixar o de “doblar” para os profesionais…hmmm, xa pero é que a semana ten 7 días, ergo 2 de gym+1 de descanso+1 de non todo é correr+5 ou 6 de carreira…algo non me cadra.