Lun, 30 Dec 2019, 11:11 Asunto: Alguén para correr polo monte en Pontevedra?
Boas, hai pouco que me mudei a vivir definitivamente á cidade de Pontevedra e, aínda que xa fun a correr vairas veces á beira do Lérez e pola illa das esculturas, quería coñecer as zonas de monte da zona para correr por elas máis habitualmente no 2020.
A idea sería facer algunha saída máis curta pola semana e algunha tirada longa nas fins de semana. Se hai alguén que me poida mostrar as rutas que se poden descubrir cerca da cidade sería xenial.
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Podes descargar arquivos