Xov, 30 Xan 2020, 14:10
Asunto: Re: ¿Trails técnicos ou non por Galicia?
Boas, persoalmente creo que en Galicia haí trails con todo tipo de trazado dende moita pista a moi técnicos. Non creo que os organizadores busquen competir en ter o trail maís duro se iso lle vaí restar inscripcións e chegar un momento en que non sexa viable/rentable organizalo. Simplemente cada proba ten o seu cupo de participantes e moitas veces esa dureza ven dada pq os participantes a piden.
O que pasa e que haí que saber/coñecer o tipo de proba onde te metes e cal e o teu nivel nese momento da tempada. Hoxe en día temos a nosa disposición tracks das probas, redes sociaís onde outr@s participantes dan opinións da sua participación en anos anterioes, aplicacións para coñecer o tempo que vaí facer,.... moitas axudas para coñecer o tipo de proba na que vas participar.
O primeiro ano que fixeron o Trail do Lor (46 kms e 2900+), quizaís a proba maís dura de Galicia naquel momento, a organización informou tanto na sua web como en redes sociaís que a proba iba ser moi dura, cun terreo moi técnico, se chamabas por tf che indicaban que mellor estar bén preparad@ xa que a proba era un verdadero inferno....Poís aínda así houbo xente que no medio da proba iba queixandose "se o chego a saber non viña", "a mín ninguén me comentou que iba ser así"....
O dito, a disfrutar de todos os tipos de probas que temos e con sentidiño.
Saudos.