Lun, 20 Xan 2020, 20:27
Asunto: Re: Apuntes sobre alimentos beneficiosos
Lista dos 13 alimentos que che axudarán a manter a barriga firme.
De acordo con case todo, salvo no tema dos lácteos.
Se ben non se acaban de poñer de acordo entre os entendidos acerca de si é saudable ou non tomar lácteos enteiros ou non, os lácteos desnatados conséguense a base de extraerlles a nata, para logo engadirlle unha proporción concreta (faise o mesmo nos enteiro e nos semi).
Con esa nata tamén se levan as vitaminas, que se non se engaden expresamente logo, eses lácteos serán carentes, entre outras da vitamina D, que é a que facilita a absorción do calcio polos nosos osos.
Dese xeito, non me parece a mellor opción tomar lácteos desnatados, aparte de que, polo menos no meu caso, provocan que acabe tendo mais fame comendo mais no conxunto do día.
https://www.sportlife.es/adelgazar/articulo/los-13-alimentos-anti-barriga#pagina-1