Mar, 08 Set 2020, 10:50
Asunto: Re: THE SPEED PROJECT FAROS
TSFP 1: The speed Faros Project by Hyundai KONA electrico
O Club Atletismo Brión Hyupersa Santiago será o primeiro en realizar esta proba por relevos o vindeiro día 12 de
setembro de 2020 e será o que estableza o primeiro tempo a batir. A sáida do primeiro corredor está prevista para as 7
hrs. do día 12 de setembro do Porto de Malpica. O equipo estará formado por 5 integrantes que a súa vez estarán
acompañados por outros 5 atletas do club, así as cousas, os distintos relevos faranse en parella. Os relevos estimase
que se realizaran cada 10/12 km e cada un dos cinco participantes percorrerá aproximadamente 40 km desta ruta ao
final do día.
O patrocinador principal do club, o concesionario Hyupersa Santiago, colabora unha vez mais con nos cedendo duas unidades do novo Hyundai KONA electrico que serviran de apoio durante a proba. Este vehículo é o primeiro SUV compacto de Europa 100% electrico e combina unha incrible autonomía de aproximadamente 450km co estilo espacioso e cheo de carácter própio dun SUV. Con estes dous vehículos de apoio totalmente electricos o Club Atletismo Brión Huypersa Santiago reforza novamente a súa aposta polo respecto ao medio ambiente e a sostenibilidade do planeta.
Outro dos patrocinadores do club, OXYPRO a través do seu comercial en Galicia, Nacho Virtual tamén nos facilitaran a
suplementación necesaria para esta arriscado reto e ademais prestará apoio asistencial durante todo o día.
# // RUN AS FAST AS YOU CAN
Podes seguir o desenvolvemento desta proba nos seguintes enlaces:
www.facebook.com/Nachovirtual3.0
www.facebook.com/atletismobrion