Mér, 23 Dec 2020, 12:56
Asunto: Re: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAM
En canto ao tema de zapatillas temolo moi claro,
sempre TRAIL, o monte estes días ten moita auga e moita folla no chan co cal esvarase bastante, canto mais taco teña a zapatilla mellor.
No tocante ao circuito, temos que ir con pés de chumbo pois igual ainda ten que sufrir variacións. Este circuito que imos explicar agora é o que temos pensado facer, pero temos un cruzamento cunha carretera da Xunta de Galicia (AC-451) que está pendente de autorización da DGT, supoñemos que non haberá problemas, pero ata que teñamos o permiso nas nosas mans non podemos decir que é o oficial ao 100%. E, no caso de que non nos autoricen ese cruzamento, teriamos que facer outro circuito alternativo que xa temos preparado polo que poida pasar.
En canto a este "suposto" circuito, a súa distancia e de 7600m. con un desnivel positivo de 350m aproximadamente. En canto á súa dureza física está calificada como MEDIA e non ten zonas extremadamente tecnicas, se ben é certo que o monte está como está, cousa que fai que xa de por si a proba vaia resultar dura. Tampouco queremos asustar a ningúen, a modo de anecdota o domingo pasado algúns membros do Club Atletismo Brión Hyupersa Santiago estiveron revisando o circuito, foron un total de 14 persoas con niveis moi distintos e incluso algúns poucas veces correran polo monte é o comentario foi unánime: "circuito impresionante e divertido".
A proba comeza na Carballeira de Santa Minia e o seus primeiros 1300m transcorren por asfalto ata adentrarse na Aldea de Brans de Abaixo onde comeza a subida por uns sendeiros espectaculares que nos levarán ata a Aldea de Aguiar. Logo dunha pequena, pero dura, subida de asfalto collemos outro sendeiro que transcorre paralelo a AC-451 e ao Rego de Ameneira, que neste tempo tamén está moi bonito pola cantidade de auga que leva, para cruzar esta estrada autonómica e coller unhas pistas anchas que nos van levar ata o pés das Torres de Altamira. Pero a cronoescalada non remata aquí, senon que voltamos a baixar case ata o cruzamento da AC-451 para subir, agora sí, ata as Torres de Altamira por uns espectaculares sendeiros abertos para a ocasión.
Aqui vos deixamos
- O track do circuito:
cutt.ly/vhBl4Lz
- O perfil do circuito:
cutt.ly/8h1RCmS