Lun, 30 Mai 2022, 18:43
Asunto: Re: I CARREIRA DOS CORVOS POIO MÓVESE. I MEMORIAL ALFONSO BELLON
Felicitar a organización pola carreira, para min estivo fenomenal toda ela, o que é dificil sendo unha primeira edición.
Chegada con tempo a Poio, recollida de dorsal rápida e paseiño polo lugar ca muller despois de cambiarme, breve quecemento cunha compañeira de club que tamén acudiu e para a parte traseira da saida.
Partida con calma, cruzamos polo interior do campo de futbol de herba artificial, e uns centos de mts. despois xa encaramos a primeira subida, un pouco exisente, pero non moi longa, os primeiros Kms. algo durechos e despois nunha baixada, debía ser polo Km. 3 máis ou menos preséntouseme "barrilete", encantado de coñecerte, falamos un pouquiño e como quen di fomos toda carreira case xuntos.
Despois de ahí xa ven un percorrido máis homoxeneo, indo bordeando a costa ata cerca do Km6 no que damos a volta, e facemos o mesmo percorrido en sentido contrario, neses Kms. apretaba bastante o sol.
Subida durísima no 8 e bastante longa ou eso me pareceu a min, e pouco despois dunha baixada entramos nunha senda de terra que non fixeramos a ida, a cal ten varias subidiñas e vai moi pegada a marea para entrar outra vez no campo de fútbol e dar por rematada a carreira uns mts. máis adiante.
Comentaron por megafonía que despois da entrega de trofeos, habería un picoteo para participantes e acompañantes, ó cal non nos quedamos xa que estaba apretando o sol e queríamos ir a praia, así que despois de ducharme xa nos fomos, pero foi pasar Combarro e xa estaba cuberto e máis para adiante pior, así que botamos o resto do día de turisteo por parte da costa de Pontevedra.