 
             
          
             Lun, 14 Nov 2022, 20:37
          
          
            Lun, 14 Nov 2022, 20:37            
            Asunto: Re: 41ª Edición Clásica de Negreira
          
          
          Despois de 2 anos de ausencia obrigada, corrimos outra vez en Negreira, unha carreira cunha organización fabulosa en todos os aspectos e ademáis onte fixo un día espectacular, xa que normalmente é un lugar no que en Novembro fai frío.
   Saida dende atrás de todo, xa que a noite anterior saimos, polo que estaba algo canso, así que só din un par de trotes pa quentar.
Polo que primeiros Kms. suaviños, para ir collendo ritmo e como máis ou menos xa coñezo o percorrido, regulando toda a carreira.
  Para rematar moi contento en 46'44" minutos polo meu crono, 153 segundos máis que no 2019, pero que lle imos facer,o de empeorar tempos é lei de vida.  
 
   
  Grazas a organización por facer posible correla.