Dom, 10 Xul 2022, 12:36
Asunto: Media Maratón e 10qm Camiño Inglés (o corredor non conta)
Rematar unha carreira sempre debe considerarse unha vitoria, pero tamén se tes capacidade, sorte ou oportunidade para subir ao podio, suponse que terás unha medalla ou un trofeo en recoñecemento. Onte no Medio maratón e 10qm Camiño Inglés deron aos gañador@s unha bolsa de papel cunha guía informativa do Camiño Inglés, nunha proba que foi patrocinada por 29 organizacións e empresas colaboradoras.
No meu caso nunca subín un podio e para min xa e importante rematar unha carreira, gozar de cada unha delas e superarme cos meus obxectivos persoais. Sei que o regulamento decía que os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirían un agasallo, pero ¿era tan difícil dar unha medalla? ¿era tan cara? ¿non son os corredores os protagonistas das carreiras ou o importante son os políticos que van facer fotografías e os corredores populares son para o recheo?
Definición de medalla: Placa de metal, cun pequeno aro ou un prendedor para enganchala, e unha figura ou unha inscrición gravadas, que se lle concede a alguén para honralo por algún mérito.
Sinalar que o resto do evento estivo moi ben organizado e transmitir os meus parabéns á organización.